A vicepresidenta primeira do goberno provincial, Marta Nóvoa explicou hoxe aos rexedores dos concellos da provincia, os detalles deste proxecto que se presentará á convocatoria de axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Política Territorial
“Abrimos outra vía de colaboración cos concellos para a posta en marcha dun novo sistema de xestión sobre o territorio de ámbito municipal, contando cunha base de datos de vivendas baseada na referencia catastral e tamén para facilitar a transición do sistema actual ao sistema de padrón online no que se intercambiará a información co INE en tempo real”, explicou Marta Nóvoa
A Deputación de Ourense, a través da área de Transparencia e Goberno Aberto, levará a cabo un proxecto que permita modernizar o padrón municipal das entidades locais, tal e como explicou hoxe a vicepresidenta primeira do goberno provincial, Marta Nóvoa, aos rexedores dos concellos de Ourense, durante unha xornada informativa no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Neste encontro de traballo, Marta Nóvoa explicou os detalles deste proxecto que a Deputación de Ourense presentará á convocatoria de axudas destinadas á transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Política Territorial.
A Deputación de Ourense, na súa máxima de reforzar a cooperación cos concellos, “abrimos outra vía de colaboración para poñer en marcha un novo sistema de xestión sobre o territorio de ámbito municipal, contando cunha base de datos de vivendas baseada na referencia catastral e tamén para facilitar a transición do sistema actual ao sistema de padrón online no que se intercambiará a información co INE en tempo real”, explicou Marta Nóvoa.
Este proxecto contempla a posta en marcha un novo sistema de xestión da información sobre o territorio de cada municipio, separando completamente esta da información das persoas, e o intercambio entre padróns municipais e o INE, mediante servizos web.
A Deputación de Ourense presentará este proxecto á convocatoria anteriormente citada, financiada con fondos Next Generation, a comezos do mes de marzo por un importe aproximado de 1,5 millóns de euros. Pola súa parte, os concellos da provincia tan só terán que remitir un escrito de adhesión á institución provincial indicando as actuacións nas que queren participar.