En termos económicos, o Plan Provincial de Lectura 2025 acadou unha facturación total de 281.115,05 euros en bonos canxeados, quedando un importe restante de 68.884,95 euros, o que reflicte un alto grao de execución do programa
Ao longo da campaña, 36.800 menores censados na provincia estiveron volcados no sistema, o que se traduciu na xeración de 18.743 bonos, dos cales 15.963 foron finalmente canxeados, quedando 2.711 sen utilizar
Cómpre salientar que o 100 % das librarías participantes canxearon bonos, consolidando o Plan como unha ferramenta eficaz tanto para o fomento da lectura como para o apoio ao comercio cultural de proximidade en toda a provincia
A Deputación de Ourense vén de pechar a campaña 2025 do Plan Provincial de Lectura cun balance que confirma o éxito desta iniciativa orientada ao fomento da lectura entre a poboación máis nova e ao apoio ao comercio cultural de proximidade, especialmente ás librarías da provincia.
Ao longo da campaña, 36.800 menores censados na provincia estiveron volcados no sistema, o que se traduciu na xeración de 18.743 bonos, dos cales 15.963 foron finalmente canxeados, quedando 2.711 sen utilizar. Durante todo o proceso rexistráronse 1.717 incidencias, todas elas debidamente atendidas e resoltas.
En termos económicos, o Plan Provincial de Lectura 2025 acadou unha facturación total de 281.115,05 euros en bonos canxeados, quedando un importe restante de 68.884,95 euros, o que reflicte un alto grao de execución do programa.
Cómpre salientar que todas as librarías participantes (57 en total, pertencentes a 14 municipios da provincia) lograron canxear bonos, consolidando así o impacto territorial da campaña.
Desde a Deputación de Ourense valórase moi positivamente o desenvolvemento desta edición do Plan Provincial de Lectura, que volve demostrar a súa eficacia como ferramenta para impulsar o hábito lector entre a infancia e a mocidade, ao tempo que reforza o tecido cultural e comercial da provincia, consolidando ás librarías como espazos clave para o acceso á cultura.
Cómpre salientar que o 100 % das librarías participantes canxearon bonos, consolidando o Plan como unha ferramenta eficaz tanto para o fomento da lectura como para o apoio ao comercio cultural de proximidade en toda a provincia.



