Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense pon en marcha o proxecto “Ourense Renova” para...

A Deputación de Ourense pon en marcha o proxecto “Ourense Renova” para buscar solucións aos retos dos residuos na provincia

- Anuncio -

Con este fin, implantouse un Laboratorio de Innovación Aberta a través do cal a institución provincial busca iniciativas efectivas para este desafío, involucrando a diversos actores do ecosistema que poidan achegar a súa visión práctica e coñecementos

A Deputación de Ourense vén de poñer en marcha o proxecto “Ourense Renova” co que pretende buscar solucións aos retos dos residuos na provincia. Con este fin, implantouse un Laboratorio de Innovación Aberta que busque solucións efectivas para este desafío, involucrando a diversos actores do ecosistema que poidan achegar a súa visión práctica e coñecementos ao Laboratorio.

Na mesa de traballo inicial deste Laboratorio, celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o persoal técnico da Deputación definiu os obxectivos a tratar e o enfoque do principal desafío que se abordará en futuras sesións que ten por lema: “Reducir, separar e recoller de maneira máis eficiente os residuos na provincia de Ourense para evitar custes innecesarios”.

O Laboratorio constará de dous días de traballo para analizar os desafíos actuais da provincia, coa participación de 80 persoas de diferentes ámbitos (emprendedores, servidores públicos, asociacións, empresarios, cidadáns, políticos) que traballarán en conxunto, para propoñer solucións aplicables a través de dinámicas que fomenten a creatividade e a perspectiva única do territorio.

O Laboratorio culminará coa elaboración dun informe final que proporcionará conclusións con posibles solucións para implantar na provincia, mellorando de maneira eficiente e inmediata a súa integración.

Relacionadas

Luis López presenta unhas Rías Baixas con 61 concellos, que valora ao anfitrión e...

0
O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro e membros do goberno provincial, estrean por primeira vez na provincia, antes que...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Valga para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou a oficina móbil, que percorrerá todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para divulgar os...

A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción turística do...

0
O presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación e dos participantes na campaña, desvelará a campaña este martes, 14 de...

A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra...

0
As obras expostas na mostra recóllense nunha publicación que repasa a vida e a obra artística de quen foi tamén alcalde de Bueu A exposición...

Publicacións Relacionadas