test
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense presenta o proxecto OU DS A2030, financiado polo...

A Deputación de Ourense presenta o proxecto OU DS A2030, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e A2030

- Anuncio -

Este primeiro encontro formalizou as bases estratéxicas para a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a través da implantación da A2030 na Deputación de Ourense e entidades locais da provincia

O deputado delegado Jorge Pumar destacou a transversalidade deste proxecto, pilotado pola Sección de investimentos, planificación e proxectos europeos da área de Administración Xeral da Deputación de Ourense, e que conta coa implicación de todas as Áreas xestoras do organismo provincial

En palabras do deputado, “hoxe damos un impulso ao compromiso político e técnico da institución co OU DS A2030, que nesta fase inicial, centrará os seus esforzos no diagnóstico interno e o estudo do aliñamento das políticas provinciais cos ODS”

A sala de xuntas da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a primeira reunión do proxecto OU DS AXENDA 2030, financiado polo Ministerio de Dereitos sociais e A2030. Esta reunión, de marcado carácter técnico, presentaba o traballo de diagnóstico interno realizado nesta primeira fase, sentando as bases do proxecto, que aspira a lograr a implantación da A2030 na Deputación de Ourense e 18 entidades locais da provincia de Ourense.
A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e ratificada por 193 países, é un chamamento para erradicar a pobreza, a mellorar as condicións de vida da poboación e a conseguir a rápida transición cara a unha economía baixa en emisións de carbono e resiliente ao cambio climático. Concrétase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, aprobados polas Nacións Unidas en setembro de 2015.
Jorge Pumar Tesouro, deputado de Innovación, ODS e Axenda 2030, estivo acompañado polos directores de área da institución provincial, os cales analizaron os modelos de toma de datos cos que traballarán os diferentes servizos para o diagnóstico interno da institución en materia de ODS.
Este encontro sentou as bases estratéxicas do proxecto e a folla de roteiro previsto para que a Deputación de Ourense coñeza a súa contribución ao cumprimento dos 17 ODS.
Esta primeira reunión do OU DS A2030 dará como resultado un diagnóstico da achega que a Deputación realiza a estes obxectivos, do aliñamento dos programas e proxectos que xa se executan en función destes para, con todo iso, realizar propostas recollidas nun plan de acción que se axuste ás necesidades e características do territorio e da poboación ourensá.
Na segunda fase realizarase este traballo técnico con 18 concellos, así como centraranse os esforzos en sensibilizar e fomentar a participación social a través de iniciativas de difusión e información dos ODS nas principais feiras e centros escolares dos 18 concellos seleccionados para participar no proxecto.
Jorge Pumar puntualiza que a próxima semana todos os concellos da provincia recibirán información sobre o proxecto e serán convidados a realizar unha enquisa para coñecer a súa implicación cos ODS. O interese dos concellos na iniciativa será clave na selección dos mesmos para participar no proxecto.

Relacionadas

Luisa Sánchez ratifica o compromiso da Deputación de Pontevedra con Vigo cun investimento que...

0
A vicepresidenta fixo hoxe balance do primeiro ano de mandato na institución provincial, destacando os 13 M€ reservados para a construción da Grada de...

Luis López destaca o festival PortAmérica como unha mostra da oferta turística das Rías...

0
O dirixente provincial participa na Azucreira de Portas na presentación dunha cita que se celebra esta fin de semana e marca o inicio da...

Rafa Domínguez situou como os grandes fitos do goberno da Deputación neste primeiro ano...

0
O vicepresidente recordou as actuacións impulsadas e desbloqueadas en Pontevedra como a reforma de Barcelos, a senda de Tomeza, o acceso a Montecelo, a...

A Deputación leva este venres a Pontecesures unha actuación de Grande Amore no marco...

0
O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades culturais organizadas polo concello co gallo da Festa do Carme A Deputación de Pontevedra financia...

A Deputación organiza esta semana 10 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de cinco concellos da provincia, visitarán lugares como Portonovo, as illas de Ons e Sálvora, Salvaterra de Miño, Arbo, o...

Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir esforzos e...

0
·        Preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial á que tamén poderán sumarse representantes políticos doutras zonas de Galicia ou de...

Publicacións Relacionadas