Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense ratifica o seu compromiso coas áreas industriais co...

A Deputación de Ourense ratifica o seu compromiso coas áreas industriais co novo estacionamento seguro do polígono de San Cibrao, pioneira en Galicia

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou a parcela na que se situará unha infraestrutura de relevancia para o desenvolvemento da área industrial e da súa contorna. O goberno provincial financia o 40% das actuacións, cunha dotación de 200.000 euros.

O presidente provincial insistiu na demanda histórica da estación de mercadorías, que sería “o gran despegue” da industria ourensá e unha das reivindicacións estratéxicas dos empresarios de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou a parcela da Central de Transportes do Polígono de San Cibrao das Viñas, onde se está a ultimar a futura área de estacionamento seguro e protexido, que contribuirá a ofrecer un mellor servizo aos profesionais do transporte de mercadorías. A Deputación de Ourense reafirma con esta iniciativa o seu compromiso co impulso ao desenvolvemento das áreas industriais, a través de servizos coma este que fan atractivo o asentamento de empresas. “Ourense é industria e Ourense quere máis industria; o polígono de San Cibrao, auténtico pulmón industrial da nosa provincia, ten que ter servizos coma esta área pioneira en Galicia”, reivindicou o presidente provincial, que confía en que este novo servizo sexa “punto de referencia” para sumar tecido empresarial.

A Deputación de Ourense financia o 40% das obras, con 200.000 euros dun investimento total que ascende a 500.000 euros. A Xunta de Galicia achega o 60% restante, nun capítulo máis da cooperación institucional que marca o sinal de identidade do goberno provincial. “Somos a deputación cos orzamentos máis modestos de Galicia, pero o organismo provincial que máis colabora e que ten máis convenios con institucións”, enxalzou o presidente provincial.

A área de estacionamento, nunha parcela de 11.200 metros cadrados, contará cun peche perimetral e ofrecerá 59 prazas de aparcamento e incluirá tódalas medidas necesarias para garantir a seguridade dos usuarios, especialmente das mulleres condutoras, para evitar calquera forma de violencia contra elas, identificando e eliminando posibles puntos negros.

Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, incidiu que este novo servizo, cuxas obras están moi avanzadas, “son resposta a unha demanda do polígono industrial” e unha “satisfacción” para o mundo do transporte, tendo en conta ademais a “perspectiva de xénero”. Pardo lembrou a colaboración do goberno autonómico, que aporta 300.000 euros á nova infraestrutura.

A alcaldesa de San Cibrao, Marta Nóvoa, amosou o seu “orgullo” por dispor no seu concello dun servizo “pioneiro en Galicia e en España” que, ademais, será xestionado pola propia asociación de empresarios do polígono, xerando “novas ideas e unha liña de negocio máis”.

O presidente da asociación de empresarios do polígono de San Cibrao, José Antonio Rodríguez Araújo, puxo en valor as características técnicas do estacionamento. Explicou que as 59 prazas de aparcadoiro compleméntanse con dous inmobles separados, para homes e mulleres, con vestiarios e zonas de descanso diferenciadas, controis de acceso e videovixilancia.

A posta en marcha mellorará as condicións de descanso dos traballadores, cun servizo que ademais favorece o relevo xeracional na profesión e a incorporación da muller a un colectivo fortemente masculinizado.

Menor insiste na reivindicación da estación de mercadorías

O presidente provincial aproveitou a visita ás novas instalacións do polígono de San Cibrao para incidir noutra demanda histórica: a estación de mercadorías, proxecto liderado dende a Deputación de Ourense. “É unha reivindicación estratéxica para esta provincia que fan os empresarios. Seguimos esperando que nos reciba o director do Corredor Atlántico, para que dunha vez se faga esa estación de mercadorías”, dixo Menor ante os medios de comunicación presentes. O presidente provincial cualifica de “esencial” esta infraestrutura, que sería “o gran despegue da industria ourensá”.

O maior polo industrial da provincia

O polígono industrial de San Cibrao rexistra un movemento anual de mercadorías superior aos tres millóns de toneladas, converténdose no principal polo da provincia e un dos maiores de Galicia.

O novo estacionamento permitirá dar servizo tamén a outras dúas importantes áreas empresariais: o parque de Pereiro de Aguiar e o Polígono Barreiros.

Por outra banda, esta nova infraestrutura é unha demanda histórica dos profesionais do transporte. A asociación de empresarios do polígono industrial de San Cibrao reivindica con este proxecto a solución para aliviar o exceso de vehículos pesados nos viais, proporcionándolle un lugar de estacionamento seguro.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba un proxecto de modificación orzamentaria de 16 millóns para...

0
O goberno municipal subliña que esta cantidade, en todo caso, é sensiblemente inferior á que se tería pagado se o servizo tivese sido licitado Tamén...

O pleno da Deputación aproba unhas contas de récord de 209M€, dos que máis...

0
As segundas contas impulsadas polo goberno de Luis López reforzan as áreas estratéxicas de Turismo, Deporte, Cultura, Acción Comunitaria e Infraestruturas O voto favorable dos...

A Deputación aproba as primeiras axudas do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, 110.000...

0
“Con estas achegas seguimos avanzando, seguimos destinando recursos para continuar coa transformación sen precedentes dos equipamentos deportivos da provincia que iniciamos o pasado ano”,...

Luis López anuncia o reparto de 500.000 €, un 66% máis que no 2024,...

0
“As axudas están dotadas este ano de 200.000 € máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se...

A Deputación aproba o expediente para dotar de instalacións de xeotermia a edificios municipais...

0
As obras, que teñen un orzamento de 385.000 euros, permitirán prover deste tipo de enerxía limpa á Casa Consistorial, no caso da Cañiza, e...

Luis López anuncia a posta en marcha dos Campamentos A Lanzada 2025 con 300.000...

0
A institución provincial ofertará o vindeiro ano un total de 1.540 prazas para que menores de entre 8 e 13 anos poidan desfrutar dun...

Publicacións Relacionadas