A proba terá protagonismo ourensán coa disputa da segunda etapa entre Lobios e San Cibrao das Viñas, con 109 Km de trazado
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta tarde no auditorio municipal de Ribeira (A Coruña) á presentación de La Vuelta Femenina by Carrefour.es 26, que terá protagonismo ourensán na segunda etapa entre Lobios e San Cibrao das Viñas.
A carreira ten sete etapas -as catro primeiras en Galicia- a disputar entre os días 3 e 9 de maio. Na segunda xornada -luns día 4-, os ciclistas percorrerán 109 Km por terras ourensáns, con saída neutralizada no Balnerario de Lobios (Riocaldo). A carreira principiará na vila de Lobios, pasando por Muíños, Bande, Verea, Celanova, Outomuro, As maravillas, A Manchica, A Merca e Taboadela. A meta estará situada en Reboredo, en San Cibrao da Viñas.
Tralo remate do acto, o presidente da Deputación destacou que esta é a segunda ocasión na que La Vuelta Femenina incluye a la provincia de Ourense en su recorrido, xa que en 2021 disputáronse en Ourense tres das catro etapas da proba ciclista.
A Deputación afirmou, sigue reforzando así a súa aposta polo deporte de elite, cunha proba en constante evolución e que contribúe a seguir situando ao deporte feminino no lugar que merece. Probas destas características, engadiu, supoñen un retorno económico e de promoción turística moi importante para a provincia.



