Home Ourense A Limia A Deputación de Ourense, única institución provincial galega que ratifica a colaboración...

A Deputación de Ourense, única institución provincial galega que ratifica a colaboración con Medio Rural para dotar a 13 concellos con maquinaria para a prevencións de lumes

- Anuncio -

Manuel Baltar e o conselleiro José González participaron hoxe na sinatura dos convenios cos concellos de Baños de Molgas, O Bolo, Castro Caldeas, Entrimo, Gomesende, Manzaneda, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Taboadela e Vilar de Barrio

Manuel Baltar lembra que este é o segundo acordo que asina a Deputación coa consellería, cooperación que “seguirá sendo unha constante nos próximos anos”. Subliña ademais o importante esforzo económico que implica participar neste plan

José González pon en valor “o esforzo da Deputación de Ourense, única de Galicia que asina convenios coa Xunta, nunha cuestión que non deberá ter ningún tipo de debate político, como é apoiar aos concellos contra os lumes”

Ambas administracións achegarán 1,3 millóns de euros -aportados ao 50 %-, para financiar con 100.000 euros por concello a adquisición de tractores e rozadoiras para a limpeza de faixas secundarias e infraestruturas rurais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o conselleiro de Medio Rural, José González, participaron hoxe no parque provincial de maquinaria -no polígono de San Cibrao das Viñas- na sinatura dos convenios que permitirán dotar con tractores e apeiros para a prevención de lumes forestais a trece concellos da provincia: Baños de Molgas, O Bolo, Castro Caldeas, Entrimo, Gomesende, Manzaneda, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Taboadela e Vilar de Barrio.

Nas instalacións da Deputación e xunto aos alcaldes, alcaldesas e representantes dos concellos beneficiarios, tamén participaron neste acto o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o deputado de Cooperación, Pablo Pérez.

Manuel Baltar lembrou que este é o segundo convenio que asinan o goberno provincial e a Consellería de Medio Rural, o que convirte á Deputación de Ourense na única institución provincial galega que colabora coa administración autonómica neste ámbito. O primeiro convenio, que data de novembro de 2021, beneficiou a nove concellos, polo que agora case a cuarta parte dos municipios ourensáns poden facer labores de prevención grazas a esta maquinaria.

Esta cooperación, asegurou Manuel Baltar, “seguirá sendo unha constante nos próximos anos, facilitando a dotación de maquinaria que axuda, e moito, na prevención de lumes”. Subliñou tamén o importante esforzo económico que implica participar neste plan, cunha achega superior aos 650.000 euros por parte do goberno provincial, mentres que os concellos aportarán o IVE correspondente.

José González puxo en valor “o esforzo da Deputación de Ourense, única de Galicia que asina convenios coa Xunta, nunha cuestión que non debera ter ningún tipo de debate político, como é apoiar aos concellos contra os lumes”. Nesta liña referiuse á nova Lei de loita integral contra os incendios forestais, “que entre as cuestións máis transcendentes que inclúe figura a necesidade de asumir a importancia da coordinación por parte de todas as administracións”.

Tractores e rozadeiras para limpeza de terreos

Segundo establecen os convenios asinados hoxe, a Deputación de Ourense e o Goberno galego financiarán a compra de maquinaria para a prevención dos lumes con preto de 1,3 millóns de euros, aportados ao 50% por cada administración. Cada municipio contará cunha subvención de case 100.000 euros para mercar un tractor e dúas rozadoiras -de arrastre e de brazo- coa finalidade de realizar tarefas de limpeza e mantemento das infraestruturas lineais ou das áreas cortalumes de titularidade municipal, así como nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación no marco do Convenio de protección das aldeas.

Os trece concellos beneficiarios neste segundo convenio entre as administracións provincial e autonómica foron seleccionados en base a criterios técnicos que teñen que ver coa incidencia dos lumes no seu territorio, ademais de estar adheridos ao convenio de protección das aldeas entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Infancia 2024

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira, acompañado de representantes de diferentes grupos políticos municipais, deu lectura á declaración institucional “Un día para avanzar no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas