Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra comprométese a investir en Balaídos colaborando co concello...

A Deputación de Pontevedra comprométese a investir en Balaídos colaborando co concello e escoitando o Celta de Vigo

- Anuncio -

A vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, asegurou que “o noso apoio á grada de Gol está fóra de toda dúbida” para contar cun estadio que permita ao Celta de Vigo celebrar o seu centenario dentro doutros cen anos

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asegurou nunha rolda de prensa na sede de Vigo que “o apoio da institución provincial á obra do estadio de Balaídos sempre estivo fóra de toda dúbida, imos investir en Balaídos e en moitos outros proxectos que beneficien a cidade e que este goberno considere necesarios e incluirémolos nos orzamentos”. A vicepresidenta primeira comprometeuse a traballar “con acordos claros, transparentes e que impliquen a todas as partes, tanto o Concello de Vigo como o Celta de Vigo” á hora de acometer a reforma do estadio.

Marta Fernández-Tapias, que lembrou que o proxecto de remodelación de Balaídos se remonta a un convenio asinado en 2015 co goberno de Rafael Louzán, asegurou que a Deputación asume a reforma de Gol “co obxectivo de que non aconteza o mesmo que con Marcador”, en alusión a “unha serie de despropósitos, con sobrecustos, retrasos nos prazos, o illamento do club no proxecto e a ausencia dun acordo marco. Foron oito anos nos que se foi tirando cara adiante e que remataron con máis do dobre do investimento presupostado e oito anos de espera para a grada de Marcador”. A vicepresidenta emprazou a todas as partes a “sentarnos xa e falar de prazos, importes e necesidades, escoitando tanto o Concello, que agardamos que nos comunique a folla de ruta que quere seguir, como o Celta, xa que o que queremos os celtistas é que o Celta de Vigo celebre o seu próximo centenario en Balaídos e para iso precisamos un estadio en condicións”.

Fernández-Tapias apelou a que “ten que haber ese diálogo para o ben de todos, e estamos á súa absoluta disposición”, porque “estamos falando do diñeiro de todos os cidadáns e é algo moi serio”. Por este motivo, “imos sentarnos e negociar para sentar as bases de cal vai ser ese convenio, chegar a un entendemento para que a reforma da grada de Gol non sexa un despropósito e que se faga en tempo, en forma e no orzamento que se estipule”.

A Deputación reclama “colaboración e entendemento” ao Concello de Vigo
Marta Fernández-Tapias asegurou que “escoitaremos todas as propostas que veñan do Concello de Vigo, pero tendo en conta que a cidadanía nos escolleu para gobernar a Deputación de Pontevedra”. A este respecto, lembrou que “as relacións non empezaron ben” xa que, por unha banda, “quixéronnos botar desta sede antes de tomar posesión para eliminar a presenza da Deputación nesta cidade”, e pola outra, “houbo unha serie de interpretacións interesadas respecto a Balaídos que só pretendían xerar polémicas e abrir novos enfrontamentos”. Por iso, Fernández-Tapias apelou a que “o Concello rectifique esta actitude e volva á senda necesaria e que beneficiará a todos os cidadáns: a colaboración e o entendemento, que é o que queremos pedir desde aquí, desde agora e para sempre”.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

Publicacións Relacionadas