Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra convida a César Antonio Molina a participar en...

A Deputación de Pontevedra convida a César Antonio Molina a participar en “Conversas con arte”

- Anuncio -

A conferencia do escritor terá lugar o próximo xoves, 24 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial coa presenza do vicepresidente Rafa Domínguez. Poderá seguirse por streaming a través de www.depo.gal

César Antonio Molina colle o testemuño de José María Barreiro e Antón Pulido, artistas cos que arrancou o ciclo de conferencias “Conversas con arte” en abril e maio

A Deputación de Pontevedra convida a César Antonio Molina a participar no seu ciclo de conferencias “Conversas con arte”. O encontro co escritor terá lugar o próximo xoves, 24 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial do organismo coa presenza do seu vicepresidente Rafa Domínguez. César Antonio Molina colle o testemuño de José María Barreiro e Antón Pulido, artistas cos que arrancou o ciclo de conferencias “Conversas con arte” en abril e maio.

“Conversas con arte” trátase dunha aposta persoal de Domínguez, quen a través do Museo de Pontevedra quere difundir as diferentes manifestacións artísticas que xurdiron e xorden na provincia e en Galicia, así como as grandes personalidades vencelladas a diferentes movementos nadas ou relacionadas coa nosa terra. Deste xeito, o ciclo que arrancou da man de José María Barreiro en abril e continuou en maio da man de Antón Pulido, ten previsto seguir nos vindeiros meses con outras figuras e artistas de impacto internacional con vínculo coa provincia e Galicia. A conferencia de César Antonio Molina poderá seguirse por streaming a través da páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.gal e, ademais, será gravada para poder emitirse en formato vídeo e pódcast a través das plataformas Youtube e Spotify.

O escritor, tradutor e profesor César Antonio Molina (A Coruña, 1952) é licenciado en Dereito e en Ciencias da Información, así como doutor en Literatura. Foi profesor de Teoría e Crítica Literaria na Universidade Complutense e de Humanidades na Universidade Carlos III. Tamén foi profesor convidado en varias universidades americanas e europeas, e é Doutor Honoris Causa pola Universidade La Oriental de Nápoles. Comezou como xornalista en La Voz de Galicia, exerceu como director adxunto do Diario 16, e escribe en numerosos medios de comunicación de tirada nacional. Dirixiu o Círculo de Belas Artes de Madrid, o Instituto Cervantes, a Casa do Lector e foi ministro de Cultura. É autor de máis de medio centenar de libros e ten, ademais, as máis altas condecoracións de España, Francia, Italia, Portugal, Serbia e Chile, así como a medalla Castelao de Galicia.

Relacionadas

Arranca o obradoiro “O Noso Encontro co Emprego” no que 16 mozos formaranse mentres...

0
• Ata o vindeiro mes de outubro de 2025 o alumnado recibirá formación en albanelería e carpintería de madeira O Porriño acolleu hoxe a presentación...

O Rosal celebrará Samaín entre enigmas e castañas

0
O Concello organiza o vindeiro 31 de outubro un xogo de pistas ao aire libre para toda a familia. A xornada rematará cun magosto...

A concellería de Igualdade de Baiona organiza charlas e talleres gratis centrados en saúde...

0
A concellería de Igualdade do Concello de Baiona organizará charlas e talleres gratuítos que se centrará na saúde feminina dentro da programación Baiona Lila...

O Grupo provincial do PP solicita o mantemento da gratuidade dos bonos de media...

0
• Os deputados provinciais populares veñen de rexistrar unha moción na Deputación de Pontevedra onde indican que os cidadáns da provincia, ao igual que...

A agrupación socialista de Vilagarcía esixe ao PP que “cumpra coas demandas históricas aínda...

0
José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, visitou a capital arousana para respaldar as reivindicacións e destacou a importancia de construír a estación...

O PP de Pontevedra acusa ao ministro Óscar Puente de ter paralizada e illada...

0
A senadora popular Nidia Arévalo denuncia a tardanza na posta en marcha das obras de mellora do túnel do Folgoso, que afectarán ao tráfico...

Publicacións Relacionadas