HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación de Pontevedra tínguese este sábado de verde con motivo do...

A Deputación de Pontevedra tínguese este sábado de verde con motivo do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)

- Anuncio -spot_img

A institución súmase á iniciativa promovida pola Asociación Galega de Afectados de ELA (AGAELA) e pola Confederación Nacional de Entidades de ELA (ConELA)

A Deputación de Pontevedra iluminará o Pazo provincial de verde con motivo do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Será desde o sábado 21 de xuño ás 20:30 horas ata as 7:30 horas do domingo 22 de xuño, e deste xeito a institución provincial sumarase un ano máis á petición da Asociación Galega de Afectados de ELA (AGAELA) e Confederación Nacional de Entidades de ELA (ConELA).

O Día Mundial da ELA ten por obxectivo visibilizar esta enfermidade neurodexenerativa e reivindicar os dereitos das persoas que a padecen, principalmente mulleres e homes de entre 40 e 70 anos. Co alumeado do Pazo provincial, a institución provincial únese a estas reivindicacións e amosa o seu apoio a pacientes e familiares, posto que se trata dunha doenza que sofren actualmente máis de 4.000 persoas en España e da que se diagnostican 900 novos casos cada ano.

A Esclerose Lateral Amiotrófica é unha enfermidade que vai paralizando os músculos ata provocar a perda da mobilidade mentres a mente permanece activa. É a terceira enfermidade neurodexenerativa máis frecuente despois do alzhéimer e o párkinson, pero adoita aparecer en idades más temperás. Na actualidade, non ten cura nin existen tratamentos capaces de frear o seu avance, pero si existen fármacos que poden permitir mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade.

Publicacións Relacionadas