HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación dedica o “8M, Mes a Mes” ás traballadoras que estiveron...

A Deputación dedica o “8M, Mes a Mes” ás traballadoras que estiveron na primeira liña durante a vaga de lumes

- Anuncio -spot_img

A Área de Igualdade visibiliza en setembro o papel de técnicas, capataes, emisoristas, axentes, brigadistas e demais profesionais implicadas na extinción dos incendios

Noelia Conde, xefa de brigada forestal Azureira, pon rostro ás homenaxeadas pola iniciativa da institución ourensá

A área de Igualdade da Deputación de Ourense homenaxea no seu programa “8M, Mes a Mes” ás traballadoras que estiveron en primeira liña durante a vaga de lumes deste verán en Ourense. Dentro desta iniciativa que cada mes visibiliza a un colectivo ou sector de mulleres referentes na provincia, a institución ourensá decidiu que setembro fose o mes dedicado ás técnicas, capataces, emisoristas, axentes, brigadistas e demais traballadoras implicadas na extinción de incendios.

“Queremos brindar unha homenaxe con perspectiva de xénero ca figura de Noelia Conde Míguez, xefa da brigada forestal Azureira, no Distrito Forestal XII, e con orixe no Carballiño”, explican dende a área e Igualdade, que seleccionaron o lema “O lume non entende de teitos de cristal” para esta homenaxe.

Sendo varios os anos que Noelia Conde leva traballados como Xefa de Brigada, esta profesional asegura que o vivido nesta campaña foi diferente: “Este verán, Galicia ardeu como poucas veces na historia. Detrás de cada cifra hai rostros, bágoas, decisións urxentes e un esforzo colectivo”, traslada esta profesional. A capataz defende que o liderado non entende de xénero, “senón de compromiso, preparación e empatía”.

A Deputación, a través da figura de Noelia, agradece a todos os medios de extinción o seu labor durante esta vaga de lumes.

Publicacións Relacionadas