Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación desenvolverá co Sergas un programa piloto de prescrición cultural no...

A Deputación desenvolverá co Sergas un programa piloto de prescrición cultural no Museo de Pontevedra

- Anuncio -

O vicepresidente Rafa Domínguez e o xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés, José Flores, asinaron un convenio de colaboración para esta iniciativa, que busca mellorar a saúde mental e emocional dos pacientes asistindo a actividades e eventos no Museo

Rafa Domínguez avanzou conversas coas áreas provinciais de Deportes e Cultura, así como con empresas privadas, para ampliar o ámbito de actuación deste programa piloto

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o xerente da área sanitaria Pontevedra-O Salnés do Sergas, José Flores, asinaron este luns no Museo de Pontevedra un convenio de colaboración para a posta en marcha dun programa piloto de prescrición cultural no Museo de Pontevedra, co que se busca mellorar a saúde mental e emocional dos pacientes en Galicia a través da participación en actividades culturais e artísticas no Museo. O obxectivo, unha vez avaliada a súa viabilidade e efectividade, sería implementalo a maior escala dentro do Sistema Galego de Saúde.

O vicepresidente Rafa Domínguez, que ademais é médico en activo, sinalou que se trata dun programa “innovador para que os médicos do Sergas poidan prescribir aos seus pacientes cultura, e que teñan unha arma máis para axudar a aqueles con cadros de depresión, ansiedade ou outros de saúde mental onde a cultura poida ser beneficiosa para eles”. No contexto de busca de enfoques terapéuticos alternativos aos farmacolóxicos, “cremos que o Museo de Pontevedra é unha plataforma ideal”, asegurou Domínguez, que lembrou que a prescrición cultural se basea “nunha sólida evidencia científica que amosa os beneficios das actividades culturais na saúde mental e emocional, especialmente nun momento en que os problemas de saúde mental se intensificaron debido á pandemia da COVID-19”. Será, polo tanto, “unha oportunidade única baseada en evidencias e exemplos de éxito a nivel internacional” en lugares como o Reino Unido, Francia, Australia ou Bélxica.

O vicepresidente destacou que “este enfoque holístico ten o potencial de transformar o modo en que se xestionan os problemas de saúde mental en Galicia”, por iso “estamos trallando cos responsables de Deportes (a vicepresidenta Luisa Sánchez) e Cultura (Jorge Cubela) na Deputación e tamén con empresas privadas para ampliar este marco de colaboración”, porque “non dubido de que podemos facer máis felices a nenos, rapaces ou persoas maiores con cadros de ansiedade ou depresión, e que se sintan mellor asistindo a eventos e actividades culturais ou deportivas”.

O programa piloto nace do crecente interese en enfoques terapéuticos alternativos, emerxendo o concepto de prescrición social como unha ferramenta eficaz para abordar a saúde mental o emocional e o benestar xeral. O estrés, a soidade e os trastornos de saúde mental (depresión, ansiedade…) afectan na actualidade a gran parte da poboación, polo que é necesario ter respostas innovadoras nos sistemas de saúde. Dentro da prescrición social, a prescrición cultural considera que a participación en actividades culturais e artísticas ten un impacto positivo directo sobre o benestar emocional, a cohesión social e a calidade de vida.

O Museo de Pontevedra e o Servizo Galego de Saúde colaborarán neste programa piloto para mellorar a calidade de vida dos pacientes a través da participación en actividades culturais, talleres artísticos e outras actividades organizadas no Museo, ofrecendo unha ferramenta terapéutica accesible que poida integrarse nos tratamentos tradicionais de atención primaria e especializada. Entre os beneficios atópanse reducir os niveis de estrés, ansiedade e depresión mediante a participación en actividades culturais, fomentar a inclusión social e a participación comunitaria (interacción social, axudando a combater o illamento e a fortalecer os lazos comunitarios), prover alternativas terapéuticas non farmacolóxicas e, ao tempo, promover o acceso da poboación á cultura.

O proxecto organizarase en cinco fases. Na primeira formarase os profesionais de atención primaria e especialistas en saúde mental sobre o valor terapéutico da cultura. Na segunda, avaliarase inicialmente e realizarase unha diagnose dos pacientes seleccionados. A terceira fase correspóndese coa implementación do programa piloto a través de visitas guiadas, talleres artísticos ou eventos culturais. Na cuarta fase medirase o seu impacto na saúde dos pacientes e, na quinta, ao remate do programa piloto, o Sergas elaborará un informe para avaliar a viabilidade da súa expansión.

Relacionadas

As Neves contratará nove persoas para reforzar servizos municipais de limpeza, mantemento...

0
O Goberno de As Neves vén de anunciar a contratación de nove traballadores e  traballadoras para reforzar distintos servizos municipais durante 2025, incluíndo a ...

O Porriño resolve a concesión de 175.000 euros en axudas para comunidades de augas

0
Estas axudas permiten reforzar o abastecemento de auga nas parroquias do Porriño, garantindo un servizo máis seguro e eficiente para toda a veciñanza O Concello...

O PSdeG-PSOE de Salceda esixe o Cumprimento do Acordo de Investidura para o ...

0
Os socialistas e as socialistas de Salceda solicitamos ao actúal equipo de goberno  que poña enriba da mesa un proxecto serio de orzamentos para...

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da...

0
O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación...

Melloras no Centro de Saúde das Neves: Un paso máis cara unha ...

0
O Concello das Neves celebra a finalización das obras  de reforma do centro de saúde municipal, unha actuación que mellora a accesibilidade e  a...

0
O Concello de Tui declara un día de loito oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato Era concelleiro do BNG  na corporación municipal dende o...

Publicacións Relacionadas