A Deputación destaca a excelencia científica e o valor do coñecemento na apertura do XV Taller de Nutrición en enfermidade renal crónica

Redacción
Lectura mínima de 1

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón,  participou este venres no Vello Cárcere na apertura do 15º Taller de Nutrición en Pacientes con Enfermidade Renal Crónica, que conta coa dirección do doctor Secundino Cigarrán do Hospital Ribera Polusa de Lugo. Pablo Rivera deu a benvida aos participantes e puxo en valor a relevancia deste tipo de xornadas, que “contribúen a mellorar o criterio clínico e a toma de decisións na práctica asistencial”. O encontro reúne durante hoxe e mañá a nefrólogos, investigadores e nutricionistas de toda España, e conta coa colaboración da institución provincial a través dunha achega de preto de 1.500 euros.

Comparte este artigo