Home Tabeirós A Estrada A Deputación destina 124.000 € para poñer en valor a contorna da...

A Deputación destina 124.000 € para poñer en valor a contorna da Rapa das Bestas de Sabucedo

- Anuncio -

Trátase dunha iniciativa enmarcada no Plan de sostibilidade turística do destino Deza-Terra de Montes, que conta cun orzamento total de 2 millóns de euros dos fondos Next Generation

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o convenio de colaboración co Concello da Estrada para a posta en valor do recurso ecosistémico da Rapa das Bestas, cun orzamento de 124.000 euros. Trátase, tal e como explicou o presidente da institución provincial Luis López, de renaturalizar a carballeira do Campo do Medio de Sabucedo, unha iniciativa enmarcada no Plan de sostibilidade turística do destino Deza-Terra de Montes, que conta cun orzamento total de 2 millóns de euros dos fondos Next Generation.

“Por vez primeira realizamos esta acción para apoiar unha das celebracións máis icónicas da provincia, unha experiencia 100% Rías Baixas e unha das festas máis senlleiras, declarada de interese turístico internacional”, remarcou Luis López. A través desta iniciativa vaise poñer en valor este recurso ecosistémico a carón do curro de Sabucedo, recuperando os valores ecolóxicos e creando un lugar que permita a visitantes e usuarios desfrutar da contorna todo o ano. Para elo vaise rexenerar a carballeira, cubrir as raíces das árbores, adecuar as pendentes para evitar escorrentías, repoñer valados de madeira, mellorar a zona de acampada e instalar un miradoiro no Curuto.

A actuación enmárcase no Plan de sostibilidade turística do Destino Deza-Terra de Montes que, ademais da Estrada, inclúe tamén aos concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e Forcarei. No caso da renaturalización da carballeira do Campo do Medio de Sabucedo, trátase dunha das prioridades do Concello da Estrada establecidas no proceso participativo levado a cabo para a redacción do plan.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas