A Deputación destina 240.000 € para que 36 mozas e mozos da provincia completen a súa formación no estranxeiro

adminON
Lectura mínima de 2

Trátase da sexta mobilidade do proxecto Erasmus + que levará a mozas e mozas que estudaron ciclos formativos en centros da Estrada, A Illa de Arousa, As Neves, Pontevedra, Tui e Vigo ata Italia, Francia, Portugal, República Checa, Malta e Irlanda

“Nunha semana temos aprobado 340.000 euros para que a nosa mocidade, o piar desta provincia, sexa a mellor preparada da historia e a que teña o maior coñecemento posible para afrontar os retos do futuro”, asegurou o presidente provincial Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 240.000 euros para que 36 mozas e mozos da provincia completen a súa formación no estranxeiro a través do programa Erasmus+. “Nunha semana temos aprobado 340.000 euros para que a nosa mocidade, o piar desta provincia, sexa a mellor preparada da historia e a que teña o maior coñecemento posible para afrontar os retos de futuro”, asegurou o presidente provincial Luis Lopez.

Trátanse de 36 mozas e mozos que estudaron ciclos formativos de Formación Profesional en centros da Estrada, A Illa e Arousa, As Neves, Pontevedra, Tui e Vigo. Partirán en setembro e outubro cara  Italia, Francia, Portugal, República Checa, Malta e Irlanda, onde estarán un mínimo de 90 días, e recibirán axudas que oscilan entre os 4.466 euros e os 6.811 euros en función do número de días de estancia, do país de destino e da distancia.

A estes 240.000 euros aprobados na Xunta de Goberno desta semana hai que engadir os 100.000 aprobados a pasada semana, neste caso a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo, que irán destinados a 100 alumnas e alumnos dos campus de Pontevedra e Vigo que completarán a súa formación no estranxeiro.

Comparte este artigo