Home Baixo Miño A Guarda A Deputación destina máis de 280.000 euros para que 67 entidades sen...

A Deputación destina máis de 280.000 euros para que 67 entidades sen ánimo de lucro de Vigo e o sur da provincia realicen actuacións no ámbito social

- Anuncio -

O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre 1.500 e 6.200 euros e permitirán poñer en marcha proxectos de apoio a persoas en risco de exclusión social ou con discapacidade, de formación, de reforzo educativo ou, entre outros, de envellecemento activo

Pazo provincial, 3 de novembro de 2024. A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de máis de máis de 280.000 € para que 67 entidades sen ánimo de lucro de 12 concellos da contorna de Vigo e do sur da provincia poidan realizar actuacións no ámbito social. En total, as axudas oscilan entre os 1.500 e os 6.200 euros e permitirán financiar proxectos de apoio a persoas en risco de exclusión social ou con discapacidade, de formación, de reforzo educativo ou, entre outros, de envellecemento activo.

O presidente, Luis López, remarcou o compromiso do Goberno provincial coas persoas máis vulnerables “poñendo especial atención na mellora da súa calidade de vida” e remarcou a vontade de “integrar ás persoas da provincia que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade, para que todos os habitantes teñen acceso ás mesmas oportunidades”. Neste eido, destacou o éxito da convocatoria, que este ano chega a 114 entidades de 23 concellos da provincia, que recibirán achegas de entre 1.000 e 6.600 euros e que beneficiarán a unhas 5.000 persoas de forma directa e 15.000 indirecta.

En concreto, en Covelo a Fundación Eomaia recibirá 4.246 €; en Crecente o Colexio Nuestra Señora de Fátima Esclavas de la Virgen Dolorosa 6.023 €; na Guarda a Asociación Avelaíña 4.935 €, a Asociación San Xerome Emiliani 4.594 €, a Fundación Las Samaritanas 3.234 €; en Mos a Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa 6.170 €; en Nigrán a Asociación Benéfica Social de Padres y Amigos La Esperanza del Valle Miñor 4.676 €; en Pazos de Borbén a Asociación de Padres de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI) 5.045 €, e en Ponteareas a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta recibe 3.707 € e Dar Más 4.613 €.

Por outra banda, no Porriño a Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (Aceesca ) recibirá 4.694 €; en Redondela a Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional de Redondela 3.735 €, a Asociación de Enfermos de Artrite Pontevedra (ASEARPO) 1.771 € e a Asociación Lenda de Saúde Mental 3.892 €; en Tomiño a Asociación SOS Tomiño Baixo Miño recibirá 3.560 €, e en Tui a Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns contará con 4.124 €, a Asociación Párkinson Baixo Miño con 3.489 € e a Congregación Hermanas Franciscanas Hospitalarias 4.067 €.

Por último, serán 49 as asociacións sen ánimo de lucro do concello de Vigo que reciban achegas desta liña de subvencións. Desta maneira, APACAF recibirá 4.810 €, a Asociación Trastorno Espectro Autista Vigo (TEAVI) 3.542 €, a Asociación Acción Solidaria Galicia (ASDEGAL) 4.912 €, a Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo (ACOPROS) 3.593 €, a Asociación Diversidades 4.264 €, a Asociación Galega Afectados Transplantes Medulares 4.739 €, a Asociación Gallega Contra las Enfermedades Neuromusculares (ASEM Galicia) 2.992 €, a Asociación Gallega de Afectados por VIH/Sida 4.474 €, a Asociación Gallega de Hemofilia 3.489 €, a Asociación a Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex) 3.504 €, a Asociación Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia 5.889 €, a Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo Valladares 4.786 €, a Asociación Centro Xuvenil Abertal 3.816 €, a Asociación de Personas Sordas de Vigo 3.157 €, a Asociación Dignidad Galicia 3.126 €, a Asociación DOA Saúde Mental 4.441 €, a Asociación Galega de Fibrose Quística 4.706 €, a Asociación Mulleres Pedra da Vella 3.996 €, a Asociación Párkinson de Vigo 5.629 €, a Asociación REDMADRE Pontevedra 4.391 €, a Asociación Vida Digna 3.775 €, a Asociación Viguesa de Eclerosis Múltiple de Pontevedra 3.829 €, a Asociación Xaruma 4.753 €, a Asociación Niños con Hiperactividad y Déficit de Atención (ANHIDA) 4.054 €, e a Asociación Nós Mesmas 4.454 €.

Tamén en Vigo a Asociación Viguesa de Alcohología (AsVidal) contará con 3.702 €, ATEGAL con 3.520 €, a Asociación de axuda a Nenos Ecolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro (Bicos de Papel) con 5.384 €, EMAUS Fundación Social con 6.012 €, a Federación Gallega de Asociaciones en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo (FADEGMA Plena Inclusión Galicia) con 1.500 €, a Fundación Integra para la Discapacidad Intelectual con 3.751 €, a Fundación Aldaba con 5.382 €, a Fundación AMEDIS con 5.662 €, a Fundación Amigó con 5.942 €, a Fundación Casa Caridad Vigo con 3.215 €, a Fundación de la Santa Cruz con 3.425 €, a Fundación Faiben con 3.548 €, a Fundación Formavigo con 4.109 €, a Fundación Funditea con 3.796 €, a Fundación INGADA con 3.355 €, a Fundación Juan Soñador con 5.243 €, a Fundación Menela con 5.592 €, a Fundación Meniños con 4.272 €, a Fundación Provincial Banco de Alimentos con 3.029 €, a Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo con 5.592 €, Grandes Amigos en Acción con 4.963 €, Hogar y Clínica San Rafael con 4.062 €, o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector con 4.177 € e a Sociedad San Vicente de Paul en España con 4.544 €.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas