Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina máis de 50.000 euros para a mellora de infraestruturas...

A Deputación destina máis de 50.000 euros para a mellora de infraestruturas deportivas en Marín e Poio

- Anuncio -

Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que, en toda a provincia, mobilizou xa preto de 800.000 euros

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas aos concellos de Marín e Poio ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas por importe de máis de 54.000 euros. Ata o momento, o Goberno provincial xa mobilizou máis de 770.000 euros dos 4 millóns de orzamento total do plan, que se abriu a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Polo de agora xa se aprobaron recursos para Pazos de Borbén, Barro, Cerdedo-Cotobade, Redondela, Poio, Arbo, Crecente, Meis, Catoira, Cangas, Salceda de Caselas, Marín e Lalín.

Por unha banda, o Concello de Marín recibe unha achega de 48.382,39 euros deste Plan Extraordinario coa que sufragará o 100% do orzamento do proxecto para mantemento e mellora do skate park situado no Porto, así como tamén do acceso a esta infraestrutura. As achegas provinciais permitirán reparar o deterioro tanto polo uso das instalacións como das inclemencias meteorolóxicas tras máis dunha década habilitado.

No apartamento de mantemento, contémplase o lavado dos muros de peche, do paso subterráneo e das superficies exteriores adxacentes, a reparación dos módulos de formigón, a reparación de varias bancadas e mais a substitución das rexas de recollida de augas pluviais e da tapas das arquetas. No capítulo de melloras, procederanse á repavimentación do chan e a substituír tanto a varanda metálica da bancada do nordeste como os módulos de aceiro colocados sobre as escaleiras. Por último, procederase á limpeza do paso subterráneo que dá acceso a esta infraestrutura. Con estas actuacións, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín permitirán que a actividade que se realiza neste skate park, ademais de mellorar a súa aparencia estética, sexa máis segura, variada e confortable.

Ademais, o Concello de Poio recibe unha achega de 6.000 € para a subministración e instalación dun programa informático de xestión e un sistema de control de acceso no seu ximnasio municipal, situado na Seca. Instalaranse tornos na zona da entrada da instalación e tamén se expedirán un milleiro de tarxetas para abonados. Deste xeito evitarase que os monitores e persoal do centro teñan que vixiar que non se produzan entradas de socios sen abonos en vigor, para podérense centrar nas súas funcións pedagóxicas.

O Concello de Poio recibiu máis de 105.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, sumándose a este investimento outros dous xa concedidos anteriormente para a reparación dos vestiarios do campo de fútbol da Seca (48.503,14 €) e a instalación dun pump track (51.027,27 €).

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas