A Deputación destina máis de 80.000 euros para que 20 entidades sen ánimo de lucro da contorna de Pontevedra realicen actuacións no ámbito social

adminON
Lectura mínima de 3

O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre 3.000 e máis de 6.000 e permitirán poñer en marcha proxectos de envellecemento activo, de apoio a persoas con diferentes enfermidades, de respiro familiar ou, entre outros, para persoas dependentes

A Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de máis de 80.000 euros para que 20 entidades sen ánimo de lucro da contorna de Pontevedra poidan realizar actuacións no ámbito social. En total, as axudas oscilan entre os 3.000 e os máis de 6.000 euros e permitirán financiar proxectos de envellecemento activo, de apoio a persoas con diferentes enfermidades, de respiro familiar ou, entre outros, para persoas dependentes.

O presidente, Luis López, remarcou o compromiso do Goberno provincial coas persoas máis vulnerables “poñendo especial atención na mellora da súa calidade de vida” e remarcou a vontade de “integrar ás persoas da provincia que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade, para que todos os habitantes teñen acceso ás mesmas oportunidades”. Neste eido, destacou o éxito da convocatoria, que este ano chega a 114 entidades de 23 concellos da provincia, que recibirán achegas de entre 1.000 e 6.600 euros e que beneficiarán a unhas 5.000 persoas de forma directa e 15.000 indirecta.

En Caldas de Reis o Fogar Residencia Nuestra Señora de la Asunción recibirá unha achega de 3.394 €. Ademais, en Pontevedra esta liña de axudas chegará a 19 entidades sen ánimo de lucro: Alento-Asociación de Dano Cerebral recibirá 6.151 €, Arelas Asociación de Familias de Menores Trans 3.495 €, a Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O 5.557 €, a Asociación de Familiares y Amigos de Enfermos Psíquicos Alba 3.674 €, a Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa 3.588 €, a Asociación ALCER 2.936 €, a Asociación Alcohólicos Rehabilitados de Pontevedra 3.416 €, Asociación Amizade 4.045 €, a Asociación Déficit de Atención e Hiperactividad y Necesidades Específicas de Apoyo Educativo de Pontevedra (ATDAHYNE) 3.394 €, a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia 5.313 €, a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade 6.151 €, a Asociación Juan XXIII 3.826 €, a Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural 3.099 €, a Asociación para la Promoción de la Salud Amaina 2.940 €, Cáritas Diocesana de Santiago 3.733 €, Cáritas Diocesana Tuy Vigo 3.110 €, a Federación ASPACE Galicia 4.683 €, a Federación Down Galicia 5.942 € e a Fundación Tutelar Galega Sálvora 3.425 €.

Comparte este artigo