O presidente provincial, Luis López, xunto ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientaron na I Gala Provincia Comunitaria o compromiso do goberno da Deputación co movemento veciñal, con 1.000 colectivos do conxunto da provincia atendidos e 11,5 millóns de euros distribuídos en dous anos
Máis de 105 comunidades de usuarios de augas do Condado e A Paradanta recibirán axudas por valor de preto de 1,1 M€ para regularizar as súas traídas e mellorar as súas instalacións e equipamentos
Outra trintena de asociacións e colectivos veciñais desta contorna do sur da provincia serán beneficiadas con preto de 400.000 € para adquirir equipamento e mellorar e renovar instalacións e locais sociais
A Deputación de Pontevedra está a destinar nestes dous anos de goberno máis de 1,4 millóns de euros a preto de 140 asociacións e comunidades de augas dos concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Son máis de 105 comunidades de usuarios de augas destes concellos das contornas do Condado e da Paradanta as entidades que recibirán axudas por valor de preto de 1,1 millóns de euros para regularizar as súas traídas e mellorar as súas instalacións e equipamentos. Pola súa banda, outra trintena de asociacións e colectivos veciñais serán beneficiadas con preto de 400.000 € para adquirir equipamento e mellorar e renovar as súas instalacións e locais sociais.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientaron na I Gala Provincia Comunitaria o compromiso do goberno provincial co movemento veciñal, con 1.000 colectivos do conxunto da provincia atendidos e 11,5 millóns de euros distribuídos nestes primeiros dous anos de mandato. Tamén aproveitou para adiantar que no 2026 as liñas de axudas dirixidas ao tecido veciñal medrarán un 20% para seguir espallando recursos a un colectivo “que nos está permitir construír unha provincia máis avanzada, participativa e cohesionada”, destacou o presidente.
No que respecta ao sur da provincia, 16 colectivos de Arbo están a ser beneficiados con máis de 116.000 euros das liñas de axudas provinciais para a Acción Comunitaria: +Aqua, Novaqua e Provincia Comunitaria. Ao detalle, 8 comunidades de augas reciben máis de 56.000 € para mellorar a calidade na súa xestión, na súa auga, para renovar contadores, instalar clorímetros ou tubaxes novas, mellorar traídas e o control e a eficiencia ou impermeabilizar tanques de auga. Ademais outras 5 comunidades de augas benefícianse de máis de 26.000 euros para renovar as concesións e tres asociacións de veciños e de mulleres de preto de 33.600 € para adquirir equipamento, acondicionar os locais sociais e mellorar parques infantís.
Da Cañiza son 14 as entidades que reciben preto de 141.400 € ao abeiro destas liñas de axudas provinciais. Unha ducia de comunidades de usuarios de augas benefícianse de 129.400 € para executar obras de mellora de instalacións e da calidade da agua, reparar peches de depósitos de augas, colocar novas tuberías, reparar depósitos e mellorar infraestruturas da auga. Pola súa banda, dúas comunidades de augas recibiron 12.000 € para regularizar as traídas.
No caso do Covelo son nove as entidades beneficiarias de máis de 81.000 € dos plans +Aqua e Novaqua. 7 comunidades de augas con máis de 69.000 € executarán obras de mantemento e de mellora das súas infraestyuruturas e outras dúas, con 12.000 €, regularizarán as súas traídas.
Pola súa banda, no Concello de Crecente sete entidades reciben preto de 76.000 € das liñas de axuda de Acción Comunitaria da Deputación. Delas, 3 trátanse de comunidades de auga que con 30.000 € están a mellorar a rede de distribución, a realizar tarefas de mantemento e de mellora das súas infraestruturas; outra comunidade, con 6.000 €, regularizou a súa traída; e 3 asociacións de veciños, con preto de 40.000 €, realizaron actuacións de eficiencia enerxética nos seus locais, así como instalaron nova carpintería, colocaron falsos teitos e adquiriron equipamento para as súas instalacións.
18 son as entidades de Mondariz que reciben máis de 189.000 € ao abeiro destas liñas de axudas provinciais. Dez delas, con máis de 129.000 €, son comunidades de augas, que, entre outras moitas cuestións, están a instalar paneis fotovoltaicos, canalizar augas desde mananciais, realizar melloras na calidade e o control da auga, mellorar as infraestruturas e instalar clorímetros. Outras dúas comunidades de augas, con máis de 8.000 €, están a regularizar as traídas e a ampliar a concesión. E, finalmente, seis asociacións veciñais reciben preto de 52.000 € para realizar obras de mellora nos seus locais sociais, remodelar parques infantís e adquirir equipamentos.
No caso de Mondariz-Balneario a Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres reicibiu preto de 6.700 € para adquirir equipamentos para o seu local social e 14 entidades das Neves preto de 156.000 €: 9 comunidades de augas, con 115.000 €, realizarán obras de mellora de eficiencia enerxética, de construción de tramos de rede de abastecemento, de renovación de tubaxes, de instalación de contadores e de acondicionamento dos depósitos; outra comunidade benefíciase de preto de 5.000 euros para renovar a concesión; e 4 asociacións veciñais de preto de 36.000 € para adquirir equipamento e mellorar as súas instalacións sociais.
Pola súa banda, no Concello de Ponteareas son 39 as entidades que reciben preto de 408.000 € das liñas de axuda de Acción Comunitaria da Deputación. Delas, 23 son comunidades de augas que, con máis de 251.000 € levarán a cabo actuacións de renovación de tubaxes, melloras na captación de auga, nos depósitos e nos sistemas de control da calidade da auga. Outras sete comunidades de augas, con preto de 34.000 €, renovarán concesións e regularizán as traídas; e 9 asociacións, con preto de 123.000 €, restaurarán unha capela, reformarán unha antiga escola, mellorarán os seus locais sociais ou adquirirán equipamento para poder prestar axeitadamente os seus servizos cara as persoas usuarias.
14 son as entidades de Salceda de Caselas que reciben preto de 176.000 € ao abeiro destas liñas de axudas provinciais. Dez delas, con preto de 125.000 €, trátanse de comunidades de augas que, cos recursos provinciais, están a instalar nova canalización, cambiar tubaxes, mellorar as súas infraestruturas ou realizar traballos de impermeabilización e instalación de válvulas para o control da auga. Outra comunidade, con 2.600 €, renovará a concesión da auga e tres asociacións, con 33.300 euros, cambiarán ventás e portas nos seus locais sociais e instalarán novo mobiliario e equipamentos informáticos.
Finalmente, seis entidades de Salvaterra de Miño beneficiaranse de 67.000 €. Tres comunidades de usuarios de augas, con máis de 29.000 €, executarán tarefas de mellora de depósitos e das infraestruturas de augas, e outras tres asociacións veciñais de máis de 39.000 € para mellorar os seus locais sociais e adquirir novos equipamentos para mellorar a prestación do seu servizo.



