HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destina nestes dous anos de goberno preto de 1,3 M€...

A Deputación destina nestes dous anos de goberno preto de 1,3 M€ a un centenar de asociacións e comunidades de augas da contorna de Vigo

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis López, xunto ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou na I Gala Provincia Comunitaria o compromiso do goberno da Deputación co movemento veciñal, con 1.000 colectivos do conxunto da provincia atendidos e 11,5 millóns de euros distribuídos en dous anos

Preto de 70 comunidades de usuarios de augas da contorna de Vigo recibirán axudas por valor de preto de 845.000 € para mellorar as súas instalacións e equipamentos e regularizar as súas traídas

30 asociacións e colectivos veciñais desta contorna da provincia serán beneficiadas con preto de 446.000 € para adquirir equipamento e mellorar e renovar instalacións e locais sociais

A Deputación de Pontevedra está a destinar nestes dous anos de goberno preto de 1,3 millóns de euros a  un centenar de asociacións e comunidades de augas dos concellos de Fornelos de Montes, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Vigo. Son 70 comunidades de usuarios de augas destes concellos da contorna de Vigo as entidades que recibirán axudas por valor de preto de 845.000 € para mellorar as súas instalación e regularizar as súas traídas. Pola súa banda, 30 asociacións e colectivos veciñais desta contorna serán beneficiadas con preto de 446.000 € para adquirir equipamento e mellorar e renovar as súas instalacións e locais sociais.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou na I Gala Provincia Comunitaria o compromiso do goberno provincial co movemento veciñal, con 1.000 colectivos do conxunto da provincia atendidos e 11,5 millóns de euros distribuídos nestes primeiros dous anos de mandato. Tamén aproveitou para adiantar que no 2026 as liñas de axudas dirixidas ao tecido veciñal medrarán un 20% para seguir espallando recursos a un colectivo “que nos está permitir construír unha provincia máis avanzada, participativa e cohesionada”, destacou o presidente.

No que respecta á contorna de Vigo, dez colectivos de Fornelos de Montes están a ser beneficiados con preto de 113.000 € das liñas de axudas provinciais para a Acción Comunitaria: +Aqua, Novaqua e Provincia Comunitaria. Tres comunidades de usuarios de augas contarán con 40.000 € para realizar melloras nos depósitos e nas infraestruturas; outras dúas máis de 11.000 € para regularizar as súas traídas, e cinco asociacións preto de 61.000 € para adquirir equipamentos e mobiliario e para instalar novas cubertas e sistemas de climatización nos seus locais sociais.

De Mos son 28 as entidades que reciben preto de 342.000€ ao abeiro destas liñas de axudas provinciais: 17 comunidades de usuarios de auga benefícianse de máis de 229.000 € para mellorar os seus depósitos e sistemas de xestión e control da auga, instalar sistemas de telecontrol e paneis fotovoltaicos, construír pozos de barrena ou para realizar obras nas súas infraestruturas; unha comunidade regularizará un novo pozo, con máis de 3.000 €, e 10 asociacións beneficiaranse de máis de 109.000 € para adquirir equipamentos e mobiliario, mellorar as instalacións dos seus locais sociais e instalar elementos de climatización.

No caso de Nigrán, a asociación de veciños de Priegue beneficiarase de preto de 17.000 € para dotar ao seu local de novo equipamento e seis entidades de Pazos de Borbén de máis de 78.000 €. Neste caso trátanse de tres comunidades de usuarios de augas que, con máis de 43.500 €, van  instalar sistemas de potabilización, construír arquetas, repoñer tubaxes e mellorar as súas infraestruturas; e outras tres asociacións beneficiaranse de preto de 35.000 € para acondicionar os seus locais sociais e mellorar os seus equipamentos.

Pola súa banda, no Concello do Porriño 16 entidades reciben máis de 200.000 € das liñas de axuda de Acción Comunitaria da Deputación. Delas, 14 trátanse de comunidades de auga que con preto de 184.000 € están a realizar melloras nas súas infraestruturas e nos sistemas de control e de calidade da auga, acondicionar un depósito, cambiar tubaxes e realizar interconexións; e outras dúas son asociacións que se benefician de máis de 17.000 € para dotar de mobiliario e equipamento os seus locais sociais.

16 son as entidades do Concello de Redondela que reciben preto de 160.000 € dos plans de Acción Comunitaria da Deputación. 13 comunidades de augas, con 133.000 €, realizaran tarefas de impermeabilización, de reposición da rede de distribución, melloras na calidade da auga, tarefas de recuperación de mananciais ou obras de mantemento de arquetas e de regularización das súas traídas. Ademais, tres asociacións contarán con máis de 26.000 € para mellorar a instalación eléctrica e adquirir equipamento para as súas instalacións.

No caso de Soutomaior, 5 entidades contarán con 46.000 €: 4 comunidades de augas beneficiaranse de 36.000 € para dixitalizar a monitorización do depósito, instalar contadores, realizar obras de mellora das infraestruturas e regularizar as traídas e 1 asociación contará con 10.000 € para realizar proxectos de mellora no seu local social.

Pola súa banda, 25 entidades do Concello de Vigo contarán con 303.000 €. Trátanse de 10 comunidades de usuarios de augas que, con 132.300 € realizarán novas captacións de augas, mellora no control e calidade da auga, obras nos depósitos, tarefas de impermeabilización e obras de mellora das súas infraestruturas, e de 15 asociacións que con preto de 171.000 € van adquirir equipamentos, acondicionar espazos, substituír cubertas, adquirir carpas, mellorar os accesos e realizar tarefas de impermeabilización nos seus locais sociais para mellorar a prestación dos seus servizos cara as persoas usuarias.

Publicacións Relacionadas