O presidente provincial, Luis López, xunto ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou na I Gala Provincia Comunitaria o compromiso do goberno da Deputación co movemento veciñal, con 1.000 colectivos do conxunto da provincia atendidos e 11,5 millóns de euros distribuídos en dous anos
16 comunidades de usuarios de augas da comarca de Caldas recibirán axudas por valor de máis de 191.000 € para mellorar as súas instalacións e equipamentos e outras 6 máis de 28.000 € para regularizar as súas traídas
29 asociacións e colectivos veciñais desta contorna da provincia serán beneficiadas con preto de 353.000 € para adquirir equipamento e mellorar e renovar instalacións e locais sociais
A Deputación de Pontevedra está a destinar nestes dous anos de goberno preto de 600.000 € a máis de 50 asociacións e comunidades de augas dos concellos de Caldas, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas e Valga. Son 16 comunidades de usuarios de augas destes concellos da comarca de Caldas as entidades que recibirán axudas por valor de máis de 191.000 € para mellorar as súas instalacións e outras 6, 28.000 € para regularizar as súas traídas. Pola súa banda, 29 asociacións e colectivos veciñais desta contorna serán beneficiadas con preto de 353.000 € para adquirir equipamentos e mellorar e renovar as súas instalacións e locais sociais.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou na I Gala Provincia Comunitaria o compromiso do goberno provincial co movemento veciñal, con 1.000 colectivos do conxunto da provincia atendidos e 11,5 millóns de euros distribuídos nestes primeiros dous anos de mandato. Tamén aproveitou para adiantar que no 2026 as liñas de axudas dirixidas ao tecido veciñal medrarán un 20% para seguir espallando recursos a un colectivo “que nos está permitir construír unha provincia máis avanzada, participativa e cohesionada”, destacou o presidente.
No que respecta á comarca de Caldas, nove colectivos de Caldas de Reis están a ser beneficiados con preto de 13.000 € das liñas de axudas provinciais para a Acción Comunitaria: +Aqua, Novaqua e Provincia Comunitaria. Dúas comunidades de usuarios de augas recibiron máis de 27.000 euros para instalar pozos, arquetas e melloras as súas instalacións; outras dúas máis de 9.500 euros para renovar as concesións das traídas e cinco asociacións preto de 54.500 € para dotar de novos equipamentos os seus locais sociais, acondicionalos e realizar obras de impermeabilización.
De Catoira a comunidade de auga de San Salvador recibiu 10.000€ para renovar parte da tubaxe de abastecemento e de Cuntis son 9 as entidades beneficiarias de preto de 110.000 €. Trátanse de seis comunidades de augas que con máis de 87.000 € van realizar proxectos de mellora, poñer en valor tres captacións de auga, acondicionar depósitos e renovar tubaxes; unha comunidade de augas que vai renovar a concesión da traída, con 6.000 €, e dúas asociacións que con preto de 17.000 € van acondicionar espazos para un local social e comprar materiais.
No caso da Moraña, 11 entidades reciben preto de 125.000 €. Trátanse de catro comunidades de augas que, con preto de 38.000 €, van poder realizar obras de mellora nas súas infraestruturas, captacións e traídas, e outra vai renovar a concesión da traída con máis de 3.000 euros. Ademais, seis entidades contarán con preto de 84.000 € para adquirir equipamento e mobiliario, realizar obras de illamento e impermeabilización dos seus locais sociais.
Pola súa banda, no Concello de Portas sete entidades reciben máis de 59.000 € das liñas de axuda de Acción Comunitaria da Deputación. Delas, 2 trátanse de comunidades de auga que con 20.000 € están a realizar melloras nos seus depósitos e outras dúas, con preto de 10.000 €, están a regularizar as súas traídas. Ademais, tres asociacións contarán con máis de 29.000 € para mellorar os equipamentos dos seus locais sociais.
14 son as entidades do Concello de Valga que reciben preto de 178.000 € dos plans de Acción Comunitaria da Deputación. A comunidade de usuarios de auga de Martores, con preto de 9.000 €, renovará parte dos depósitos de almacenamento de auga, e outras 13 asociacións da localidade contarán con preto de 169.000 € para adquirir equipamento e mobiliario, reparar os seus locais sociais ou mesmo financiar a construción de novas instalacións para mellorar a prestación dos seus servizos cara as persoas usuarias.



