HomePontevedraA ParadantaA Deputación destina preto de 125.000 euros a 88 entidades das comarcas...

A Deputación destina preto de 125.000 euros a 88 entidades das comarcas de Vigo e do sur da provincia para a realización de actividades culturais

- Anuncio -spot_img

Os recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a posta en marcha de actividades culturais, dotadas con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia

Benefícianse das axudas entidades de Arbo, Baiona, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tui e Vigo

“Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que están xa operativas as  novas axudas, dotadas con 200.000 €, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario

A Deputación de Pontevedra destina preto de 125.000 euros a 88 entidades de Arbo, Baiona, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tui e Vigo para a realización de actividades culturais. Estes recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para posta en marcha de actividades culturais, dotada con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia. “Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que xa están operativas as novas axudas, dotadas con 200.000 euros, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario.

Nas comarcas de Vigo e do sur da provincia benefícianse das axudas a Sociedad Filatélica e Numismática Guardesa da Guarda; a Asociación Cruceiro da Paz Xunqueiras de Pazos de Borbén; a Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres de Mondariz-Balneario; a Asociación Folclórica Vila de Baiona e Airiños da Lagoa, de Baiona; a Agrupación Musical Vincios e Música Galega de Gondomar;  a Asociación Cultural San Mamed e San Miguel de Viladesuso de Oia; a Agrupación musical do Rosal e a asociación de veciños San Gregorio de Pías do Rosal; a Asociación cultural Santa Bárbara e a Banda de Música Cultural de Mondariz;  Barca de Loimil e Arbo Rock de Arbo; a Asociación Sociedade Cultural e Deportiva Condado e Lazoiro de Salvaterra de Miño; Coral Polifónica Novos Aires, Parada do Miñor e Veganagal de Nigrán; as asociacións cultrais das Neves San Xoán de Cerdeira no Carballo do Chan, Unitaria de Vide e Vidense; A Fonte do Retroutouro de Celeiros, Irmáns Barcia e Sadeo, de Ponteareas; Amigos da Música, Xunco e San Tomé de Parderrubias, de Salceda de Caselas; catro asociacións de Mos entre as que se atopan O Son dos Cantareas, o Centro Recreativo e Cultural de Torroso, Santa Eulalia e o Centro social, cultural e deportivo As Pedriñas; cinco entidades de Redondela: a Asociación Cultural e Social de Chapela, o grupo de baile Anaquiños, Andaina, o Círculo Cultural Recreativo de Chapela e a Red de Emprendimiento Redondelas; e outras cinco de Tui: Coral San Temo, Banda de Música Popular, A Insua, a Asociacióon xuvenil San Telmo de Tui e Cineclub Tui.

No que respecta á cidade de Vigo son 37 as entidades beneficiarias das axudas provinciais: Lembranzas Galegas, Ballet Folclórico Galego, Trapés, Coral Polifónica San Roque de Vigo, Os Ventos de Comesaña, o Ateneo Musical de Bembrive, Ageinco, a Agrupación de Centros deportivos e culturais de Vigo; Lira de San Miguel de Oia, Malaherba, Abella Produccións, Vertixe, Nevox, a Asociación de Comerciantes do Mercado de TEis, a Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer, a Asociación de modelistas navais de Galicia, A Nosa Terra de Alcabre; Festas dos Liñares; a Banda de Música Unión Musical de Valladares, o Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares, a Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares,  Serra do Suído, Galicia Fiddle, Vigo Centro, a Asociación de veciños de Beade, O Fiadeiro, Parada-Maceiriña, Galiclown, Pedra da Vella, Sforza Bembrive, Xuntanza Xuvenil, ORAL, Proyecto Caldo, As da Industria, o Club de Montañeiros Celtas, a Federación de Comercio e  Hostalería, a Fundación Carlos Casares, a Fundación para a pesca e o marisqueo, o grupo Aletheia, Lideiras, a Orquestra Clásica de Vigo, a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida e The Wild.

As entidades recibirán recursos que oscilan entre os 300 euros e os 2.500 euros para poñer en marcha intercambios culturais con diferentes lugares do territorio nacional e internacional (Castela a Mancha, Castela e León, Cataluña, Andalucía, Navarra, Asturias, Madrid, Canarias, Portugal e Francia), así como festivais musicais, encontros, exposicións, faladoiros, concertos, mostras de cinema, semanas e ciclos culturais, andainas, faladoiros, mostras de oralidade, mostras de improvisación, festivais de baile e certames.

Publicacións Relacionadas