HomeO SalnésA Illa de ArousaA Deputación destina preto de 32.000 euros a 24 entidades de Cambados,...

A Deputación destina preto de 32.000 euros a 24 entidades de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Sanxenxo, Valga e Vilagarcía de Arousa para a realización de actividades culturais

- Anuncio -spot_img

Os recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a posta en marcha de actividades culturais, dotadas con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia

“Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que están xa operativas as  novas axudas, dotadas con 200.000 €, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario

A Deputación de Pontevedra destina preto de 32.000 euros a 24 entidades de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Sanxenxo, Valga e Vilagarcía de Arousa para a realización de actividades culturais. Estes recursos enmárcanse nas axudas provinciais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para posta en marcha de actividades culturais, dotada con 300.000 euros e das que neste 2025 se benefician 229 entidades da provincia. “Nunha semana mobilizamos medio millón de euros para o impulso da cultura da provincia”, remarcou o presidente Luis López quen recordou que xa están operativas as novas axudas, dotadas con 200.000 euros, para que agrupacións musicais adquiran e reparen instrumentos e vestiario.

Na contorna do Salnés e de Arousa benefícianse destas axudas a AD Cultural Dorna da Illa de Arousa; a Asociación Cultural Polifónica Xuntanza de Meis; as asociacións Penaguda Dena e Unión Musical de Meaño; a Asociación Cultural Amigos do Belén e a Coral Polifónica Santa Comba de Valga; Cantodorxo e a Asociación Ornitología Cultural Deportiva do Grove; catro entidades de Sanxenxo entre as que se atopan Volandeiras, Arrebol de Galicia, Soalleira de Dorrón e Serendipia; cinco asociacións de Vilagarcía de Arousa: Coral Rosalía de Castro, Ameixa Rock, A Mesa das Verbas, Indanonvaidesta e Zona Aberta; e sete entidade de Cambados. Amigos de Fefiáns, Mulleres Rurais Purísima Concepción; Xironsa, Mariño Salnés, a Asociación Cultural e Deportiva de Vela Traidicional, Se chove que chova e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

As entidades recibirán recursos que oscilan entre os 418 euros e os 2.500 euros para poñer en marcha intercambios culturais con diferentes lugares do territorio nacional e internacional, así como festivais musicais, festas mariñeiras, exposicións, magostos, encontros, semanas culturais, certames de pintura e concursos de poesía.

Publicacións Relacionadas