Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación destinará case 800.000 euros ao Concello de Laza no mandato...

A Deputación destinará case 800.000 euros ao Concello de Laza no mandato 23-27

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo co alcalde, José Ramón Barreal, no que repasaron as últimas actuacións que se están a realizar no concello en colaboración coa institución provincial

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Laza, Jose Ramón Barreal, para abordar as liñas de colaboración entre ambas administracións. Neste sentido, cabe destacar que o Concello de Laza recibirá a través do Plan CooperOU da Deputación unha achega de 190.000 euros neste ano, “o que suporá que ao longo do mandato 2023-2027 Laza perciba ao redor de 800.000 euros”, destacou o presidente provincial.

Durante a xuntanza, Luis Menor e José Ramón Barreal fixeron repaso das últimas actuacións que se están a realizar no ámbito de cooperación, como son as obras de abastecemento e saneamento na rúa das Chousas por importe de 48.000 euros. De cara ao futuro prevese manter esta colaboración en proxectos sociais coa construción dunha residencia de maiores, así como de infraestruturas coa mellora dunha estrada estratéxica que permita achegar a Laza ao enlace coa autovía nas Estibadas, en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Deputación de Ourense.

Relacionadas

Luis López salienta a diversidade do tecido deportivo e a capacidade para organizar competicións...

0
O presidente provincial participa na sétima edición da Festa do Deporte de Ribadumia onde se entregaron 15 premios para recoñecer o labor de deportistas,...

Luis López sinala a apertura da nova residencia de artistas de Ponteareas como unha...

0
O presidente provincial participa, xunto ao presidente da Xunta Alfonso Rueda e a alcaldesa e deputada Nava Castro, na inauguración dun proxecto pioneiro na...

Luis López louva o labor do tecido veciñal ante centos de persoas no terceiro...

0
O presidente da Deputación comparte unha nova xornada de convivencia deste programa de Acción comunitaria con asociacións veciñais de Cuntis e a contorna con...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no acto de entrega de premios do XLI Campionato...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na Escola Rosalía de Castro no acto de entrega do XLI Campionato Galego Sub...

O Concello fixa os servizos mínimos nos autobuses urbanos para a folga estatal do...

0
O Concello de Ourense fixou os servizos mínimos no servizo de autobuses urbanos ante a folga de ámbito estatal do sector de transporte, que...

Publicacións Relacionadas