HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Deputación destinará preto de 170.000 euros a 13 clubs deportivos de...

A Deputación destinará preto de 170.000 euros a 13 clubs deportivos de Cerdedo-Cotobade, Marín e Pontevedra que participan en competicións oficiais de ámbito estatal

- Anuncio -spot_img

“Este é un goberno comprometido co deporte e avanza, de xeito imparable, para converter Pontevedra na provincia do deporte”, remarcou o presidente da Deputación Luis López

Ata 76 entidades de 24 concellos da provincia benefícianse desta liña de axudas do organismo provincial dotada con 900.000 €

A Deputación destinará preto de 170.000 euros a 13 clubs deportivos de Cerdedo-Cotobade, Marín e Pontevedra que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En liñas xerais, son 76 as entidades de 24 concellos da provincia que se benefician desta liña de axudas do organismo provincial dotada con 900.000 €. “Este é un goberno comprometido co deporte e avanza, de xeito imparable, para converter Pontevedra na provincia do deporte”, remarcou o presidente da Deputación Luis López.

Na contorna de Pontevedra benefícianse destas axudas provinciais o Club Ciclista Cerdedo-Cotobade; os clubs Peixe Fresco, Imua Paddle Surf Club Aguete e XSM Club Ciclista de Marín; e entidades da cidade de Pontevedra como Aromon, Club Baloncesto Arxil, Club Ciclista Farto, Club Cisne, Club de esgrima de Pontevedra, Club Leis, Club Natación Galaico, Club Waterpolo Pontevedra e Club Tenis de Mesa de Pontevedra. Estas entidades, que representan modalidades deportivas como ciclismo, baloncesto, paddle surf, orientación, balonmán, esgrima, fútbol sala, natación de augas abertas, waterpolo e tenis de mesa, recibirán contías que oscilan entre os 2.128 e os preto de 39.000 euros.

Nesta semana, a Deputación de Pontevedra aprobou axudas para o deporte por valor de preto de 1,5 millóns de euros dirixidas tanto aos clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal como a aquelas entidades deportivas que organizan eventos e competicións. Neste último caso, ata 153 clubs deportivos recibirán este ano 550.000 €, 50.000 € máis que o pasado ano, para organizar competicións deportivas federadas oficiais de todos os ámbitos territoriais.

Publicacións Relacionadas