Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación divulga a cultura popular a través da revista Raigame, cun...

A Deputación divulga a cultura popular a través da revista Raigame, cun número no que predominan os autores novos

- Anuncio -

O vicepresidente 2º e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta publicación que en 1995 xurdiu para continuar o magnífico traballo etnográfico de Xaquín Lorenzo

A publicación chega a 400 entidades nas que se inclúen colexios e os 92 concellos da provincia, así como a centros culturais como bibliotecas, arquivos, museos ou universidades

A Deputación de Ourense presentou o número 51 da revista Raigame, editada pola institución ourensá dende 1995 para poñer en valor a cultura popular tradicional, distribuíndose a publicación gratuítamente entre os 92 concellos da provincia e en máis dun cento de centros educativos, así como bibliotecas, museos, universidades, entidades de todo tipo e colectivos culturais. Así, a revista chega ao número de 400 envíos no circuíto cultural, consolidando o interese e a actualidade da revista. Neste sentido, unha das grandes novidades deste novo número é a colaboración de novos autores, sendo estes maioría, aportando frescura e diferentes puntos de vista sobre diversos aspectos da nosa cultura.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, destacou no acto de presentación que Raigame é “unha das publicacións senlleiras na defensa do noso patrimonio material e inmaterial, e amosa ese compromiso da Deputación de Ourense coa nosa identidade”, agradecendo o labor neste eido do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Pola súa banda, o director da revista, Xulio Fernández Seara, sinalou que o obxectivo desta publicación é “recuperar, conservar e catalogar tradicións, divulgándoas e facéndollas chegar ás novas xeracións para que as manteñan”. Anunciou tamén que o vindeiro número 52 de Raigame será adicado de xeito monográfico á figura de Castelao.

Fotografía, música, oficios e moito máis

Ábrese este número recordando ao fotógrafo alaricano José Suárez (no ano 2024 cumpriuse o cincuentenario do seu pasamento) da man de Xosé Luis Suárez Canal e de Mercedes Rozas, que nos seus artigos afondan na obra do fotógrafo a través dunha viaxe por diferentes exposicións que realizou en Bos Aires, Madrid, Vigo e Ourense e a súa fotografía no contexto artístico da época.

No campo da música, este número conta con tres colaboracións. Rubén Troitiño achéganos a figura de Avelino Cachafeiro, gaiteiro de Soutelo de Montes, Pontevedra, gañador hai cen anos (xullo de 1924) do concurso de gaitas celebrado en Santiago con motivo das festa do Apóstolo que o consolidou como mellor gaiteiro de Galicia e sobre o que Castelao escrebe unha crónica o 10 de agosto no xornal Galicia.

Luis González Meijide colabora cun artigo sobre o violinista Pablo Sarasate e influencia do folclore galego na súa obra a través da muiñeira Op. 32, da que o Museo Massó de Bueu conserva copia da partitura orixinal de 1886 con anotacións manuscritas.

Para pechar o apartado musical, os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente inician unha serie de artigos sobre a súa colección de “pregos de cordel” ou “coplas de cego”, un modo de literatura popular tanto escrita como oral que se cantaba e vendía polas feiras e que trataban unha ampla variedade temática, e que comezan cos referidos aos crimes, monstros e milagres.

A festa e os oficios enlázanse en dous artigos, un de Xavier Viana que percorre a historia dos folións de carros de Chantada que se remonta ao último cuarto do século XIX e na que se amosan estampas de labores cotiáns; o outro de Lucía e Nicolás Fernández, que nos achegan un oficio hoxe practicamente desaparecido, o de latoeiro.

Por último, os educadores Fernando Díaz e María Villarino, preséntannos o Proxecto Ende, unha ferramenta dixital libre e aberta de termos artísticos en lingua galega, ilustrada e que conta ademais con actividades e recursos educativos, creada co obxectivo de ampliar o vocabulario en lingua galega e potenciar o seu coñecemento, a súa utilización e normalización no contexto específico da arte.

Solicitude da revista

Ademais da distribución da revista Raigame nos concellos e no circuíto cultural, e tamén pode ser solicitada nas oficinas do CCP Xaquín Lorenzo e no Servizo de Publicacións da Deputación de Ourense.

A revista xurdiu no ano 1995, aos seis anos da morte de Xaquín Lorenzo, co obxectivo de continuar a traxectoria indicada polo investigador ourensán.

Relacionadas

O Concello pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua, con 57...

0
AConcellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha a segunda edición da Escola Municipal Continua Ourense, cunha ampla variedade de propostas formativas...

Luis Menor reúnese coa directiva do Ourense CF para escoitar as necesidades do clube...

0
O presidente da Deputación puxo en valor a celebración da Copa do Rei en Ourense cun resultado que permitiu ao equipo ourensán chegar a...

A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, por obras de saneamento...

0
A rúa Ribeira de Canedo estará pechada ao tráfico mañá, martes, 11 de febrero, de 8.00 a 22.00 horas, pola realización de traballos de...

Luis Menor, como presidente da Rede de Vilas Termais da FEMP, celebra o interese...

0
O presidente Deputación de Ourense deu conta pola súa banda dos avances no “programa de respiro” para persoas maiores que sufriron as consecuencias da...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025 da Universidade de...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns á inauguración do Congreso Internacional JAI’2025, as X Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións...

Publicacións Relacionadas