HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación e a Asociación Provincial de Taxis actualizan as súas liñas...

A Deputación e a Asociación Provincial de Taxis actualizan as súas liñas de colaboración

- Anuncio -spot_img

Luis Menor recibiu ao presidente deste colectivo, Francisco Javier Álvarez, que aglutina ao 90% do sector de toda a provincia

O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial con Francisco Javier Álvarez, presidente da Asociación Provincial de Taxis, colectivo que engloba ao 90% destes profesionais con licencia na provincia, dos que practicamente a metade se atopan na capital.

Ambos analizaron a situación do sector, así como os retos aos que se enfronta, as súas ameazas, e tamén as oportunidades, entre as que destaca a mobilidade ligada ao AVE coa cidade como referencia. Así, Menor e Álvarez tamén puxeron sobre a mesa as posibilidades de colaboración entre a Deputación a Asociación Provincial de Taxis, “e por iso manteremos un diálogo continuo para abordar as súas necesidades e actualizar as posibilidades de cooperación”, recalcou Luis Menor, quen lembrou tamén que o sector do taxi englobado neste colectivo representa  a máis de 200 familias.

O presidente da Deputación quixo poñer en valor a importancia dun servizo público como o do taxi en todos os seus ámbitos, “pero moi especialmente no rural, onde moitas veces é o único medio para garantir a mobilidade para determinadas persoas”.

Publicacións Relacionadas