Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e a Plataforma veciñal pola mellora da EP-2702 coinciden na...

A Deputación e a Plataforma veciñal pola mellora da EP-2702 coinciden na urxencia de que o Concello de Pazos de Borbén aprobe o convenio para investir 1 M€ na estrada

- Anuncio -

“Está na man do Concello avanzar no proxecto; apenas queda tempo”, trasladou a deputada de Isabel Couselo ao colectivo nun encontro convocado polo goberno provincial

A Deputación de Pontevedra e a Plataforma veciñal pola mellora da EP-2702 coincidiron na urxencia de que o Concello de Pazos de Borbén aprobe canto antes o convenio para investir preto dun millón de euros no treito Amoedo – Os Valos, pasados máis de cinco meses desde que o goberno provincial remitira ao municipio o borrador do acordo, o 24 de abril. Logo dunha xuntanza convocada a instancias da Deputación, a deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, solidarizouse coas demandas veciñais e conxurouse co colectivo para “lograr entre todos que Pazos de Borbén non perda esta oportunidade absolutamente crucial e actuación poida desbloquearse definitivamente”. Dito encontro produciuse en vésperas de que o convenio sexa sometido a votación nun pleno extraordinario no Concello, e nun prazo límite para que a Deputación poida planificar as obras previstas ata finais de 2024.

Logo de lamentar que se chegara a unha situación “absolutamente inédita”, Couselo aclarou que a reunión encádrase dentro dos “esforzos excepcionais” que está realizar o executivo para que o proxecto sexa unha realidade, malia que o interlocutor institucional da Deputación son por norma xeral os Concellos. “Noutros municipios os convenios apróbanse en 3 días, 20 días ou poucas semanas; pero Pazos de Borbén está a ser a excepción”, sentenciou.

Así, a titular de Infraestruturas expuxo cronoloxicamente a “máxima colaboración” da Deputación desde que lle remitiu en abril o borrador de convenio e informou que foi o actual goberno provincial quen reservou o crédito necesario para executar a obra. “Nin, como se dicía, existían problemas entón para poñer a disposición os terreos nin hai necesidade agora de solicitar unha asistencia xurídica para xustificar a validez das cesións propostas, porque a Deputación traballa desde o máis escrupuloso cumprimento da legalidade, como non podía ser doutro xeito”, abundou.

“Está na man do Concello avanzar no proxecto, ou perder en 2024 un investimento ao que tamén teñen dereito outros municipios da provincia. Como Deputación temos que velar por todos eles”, agregou.

Primeiro paso imprescindible
Couselo, quen se comprometeu a valorar a reforzar da sinalización da vía, subliñou non obstante que o proxecto Ensanche e mellora da seguranza viaria na EP 2702 Amoedo – Os Valos dende o P.Q. 6+550 ata o P.Q. 7+980 é o “primeiro paso imprescindible” para afrontar actuacións futuras noutros treitos da estrada. Finalmente, a deputada de Infraestruturas subliñou que para a Deputación este proxecto foi unha prioridade desde o primeiro momento e amosou a súa confianza en que se desbloquee a situación.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas