Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo cunha nova cata no Castelo de Soutomaior

- Anuncio -

O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial do Enoturismo, trátase “dunha auténtica experiencia 100% Rías Baixas que, estou seguro, non defraudará”

A Deputación de Pontevedra, xunto coa Ruta do Viño Rías Baixas, organiza o vindeiro domingo 10 de novembro no Castelo de Soutomaior unha cata de viños a cargo do sumiller Nacho Costoya con motivo do Día Mundial do Enoturismo. “Esta cata será unha auténtica experiencia 100% Rías Baixas e que, estou seguro, non defraudará”, asegurou o presidente provincial Luis López.

En concreto a cata constará de dúas fases. Nunha primeira, os asistentes poderán degustarán os cinco viños DO Rías Baixas que presentará Nacho Costoya e, nunha segunda, que será totalmente a cegas, degustarán tres dos cinco viños, debendo acertar para gañar. Entre os gañadores sortearase un “eno-pack” para dúas persoas, que comprende aloxamento en media pensión e visita a unha adega da Ruta do Viño Rías Baixas. Ademais, todos os asistentes recibirán un regalo sorpresa por participar no acto.

A cata pecharase cunha degustación, amenizada con música en directo, na que colabora ANFACO-CECOPESCA, o que fai que, en palabras do presidente provincial, esta sexa “unha actividade única, na que o viño da DO Rías Baixas e as conservas da provincia, dous produtos que tanto nos identifican, serán os protagonistas”. A actividade contará cun centenar de prazas e as persoas interesadas poderán formalizar a súa entrada proximamente a través da web do Castelo de Soutomaior.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Luis López anuncia un investimento de máis de 600.000 euros para a mellora da...

0
O Goberno provincial aprobou hoxe o convenio para realizar as obras que permitirán mellorar as condicións de mobilidade e habilitar novos espazos de aparcamento...

Publicacións Relacionadas