Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e a Xunta reforzan a cooperación para realizar actividades de...

A Deputación e a Xunta reforzan a cooperación para realizar actividades de dinamización turística na provincia

- Anuncio -

O Inorde, a través do seu presidente, Rosendo Fernández, e a Axencia de Turismo de Galicia, representada polo seu director, Xosé Merelles, asinaron un acordo por un importe total de 119.896 euros para a dinamización do turismo deportivo, a promoción da Vía da Prata, a promoción do enoturismo e dos mercados de proximidade, así como de Ourense como destino de turismo de negocios (MICE)


O presidente provincial, Luis Menor destacou que este convenio “sirve para continuar con ese obxectivo estratéxico que temos na provincia que é a súa promoción turística en todos os seus ámbitos”


O director da Axencia de Turismo de Galicia puxo de manifesto a importancia da cooperación institucional entre a Deputación e a Xunta “para posicionar e consolidar a Ourense como destino turístico, que nos primeiros 5 meses de 2024 recibiu 139.000 viaxeiros aloxados e preto de 257.000 noites en Ourense. Ademais, en Ourense o 90% da demanda concéntrase no segmento hoteleiro, cuxa demanda está a medrar un 3%

A Deputación de Ourense, a través do Inorde; e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia, subscribiron esta mañá o convenio polo que reforzan a súa cooperación para realizar actividades de dinamización turística na provincia.
Os encargados de asinar este acordo, cun importe total de 119.896 euros, foron o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. A sinatura do convenio fíxose en presenza do delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, e do presidente provincial, Luis Menor, quen lembrou que esta colaboración institucional existe desde hai anos, “que sirve para continuar con ese obxectivo estratéxico que temos na provincia que é a súa promoción turística en todos os seus ámbitos”. O presidente provincial sinalou tamén o traballo do Inorde a prol destes obxectivos e a colaboracións constante da Xunta a través, neste eido da Axencia de Turismo de Galicia.
O director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, lembrou que “estamos ante un convenio histórico cun dos organismos máis solventes para a promoción da provincia, como é o Inorde”, sinalando tamén que existen outros convenios para promoción de xeodestinos específicos. “Con esta boa colaboración que temos coa Deputación, os investimentos que se van desenvolver a través do Xacobeo e dos Plans de Dinamicación Turístico serán un impulso para posicionar e consolidar á provincia de Ourense como destino turístico, que nos cinco primeiros 5 meses de 2024 recibiu 139.000 viaxeiros aloxados e preto de 257.000 noites en Ourense. Ademais, en Ourense o 90% da demanda concéntrase no segmento hoteleiro, cuxa demanda está a medrar un 3%.
No que atinxe á Vía da Prata, tamén puxo de manifesto que xa recibiu 4.600 peregrinos que recolleron a Compostela, un 19% máis que no ano anterior, “o que significa que se está a traballar moi ben”, destacou Merelles.
Obxectivos do convenio
Os obxectivos do convenio asinado hoxe baséanse en actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo que inclúa a realización das seguintes liñas de acción:
1.- Dinamización do turismo deportivo. O Turismo Deportivo tense convertido nunha das grandes bazas da proxección turística do territorio rural ourensán mediante a posta en valor dos seus recursos naturais. Os eventos cicloturistas na provincia que obxecto do presente convenio son: “Ourense Strade Termal”, “Ribeira Sacra Cycling Road” e “Xurés Bike Tour”.
2.- Promoción da Vía da Prata/Camiños da provincia de Ourense. Busca contribuír a dinamizar o itinerario xacobeo máis extenso en Galicia, que conta con 200 quilómetros na provincia de Ourense e transcorre por 28 concellos. Prevense realizar as seguintes accións: Unha de creación de produto turístico asociado á Vía da Prata prioritariamente, deseñando paquetes a través de operadores especializados no Camiño. E realizar unha campaña de Márketing Dixital baseada en dúas experiencias: a chegada en AVE a Ourense, e inicio do Camiño e recuperación antes de retomar o AVE de regreso a través das augas mineromedicianais. E, por outra banda, propostas cicloturistas chegando en Tren á Gudiña (200 km a Compostela)asociadas ao Centro BTT Portas de Galicia.
Tamén se establecerán accións de dinamización da Vía da Prata a través de actividades que involucren á comunidade local, organizando rutas por etapas con guías especializados, co obxectivo de converter á poboación da provincia de Ourense en prescritores deste itinerario. Creación de produto turístico e campaña de márketing dixital; e accións de dinamización da Vía da Prata a través de actividades que involucren á comunidade local.
3.- Promoción do enoturismo. O enogastroturismo é un dos recursos esenciais de Galicia e da provincia de Ourense, onde se albergan catro das cinco denominacións de orixe. A promoción destes recursos será a través de dúas actuacións: A primeira, unha viaxe de familiarización con prescritores para promover a oferta de enoturismo en novos mercados, promovendo experiencias nas diferentes Denominacións de Orixe de Galicia. A segunda será unha edición de microvídeos para a Ruta do Viño do Ribeiro, incluíndo servizos turísticos distinguidos/adheridos no destino SICTED Ourense Termal.
4.- Promoción en mercados de proximidade. Workshop/presentación de empresas turísticas da provincia de Ourense en INTUR (Valladolid). Trátase dun mercado de proximidade que é límite coa provincia e onde se pode optimizar a participación do destino mediante as seguintes actuacións: organización dunha misión inversa de empresas de servizos turísticos facilitando a súa axenda con comercializadores en INTUR; organización dunha presentación do destino para axencias de viaxes minoristas de Castela e León. Tamén se contemplará unha acción de márketing dixital para o público de Valladolid.
5.– Deseño de soportes para actividades de turismo.
6.- Promoción de Ourense como destino de turismo de negocios. O turismo MICE (Meetings, Incentives, Conferences and Exhibitions) caracterízase por ser un elemento dinámico do turismo. Os principais motivos son a desestacionalización, o impacto económico e a creación de emprego.
Na provincia de Ourense continúa a ter oportunidades de crecemento, dado o salto cualitativo que experimentou en termos de conectividade.
Todas elas son accións que teñen como obxectivo favorecer o coñecemento de Galicia como destino turístico de calidade a nivel interno e internacional reforzando as accións sobre os recursos con maior valor engadido para o sector turístico e que, ao mesmo tempo, favorezan a sustentabilidade, a desestacionalización e o reforzamento da marca.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na inauguración da exposición “Pontevedra no tempo”

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou hoxe na sede Afundación de Pontevedra no acto...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada...

0
Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e...

Dúas conferencias sobre a raíñas e princesas exipcias e sobre as escavacións na tumba...

0
Celebraranse o xoves 18 e o venres 19 de xullo ás 19:00 h, con acceso libre ata completar a capacidade O Museo de Pontevedra volve...

A Deputación dá inicio este martes en Baiona á primeira das rutas gratuítas organizadas...

0
Trátanse de cinco rutas para coñecer e divulgar os recursos culturais, naturais e patrimoniais da provincia e que permitirá descubrir lugares de Nigrán, Tui,...

A Deputación ten aberto ata o domingo no Museo de Pontevedra a exposición ‘Pregar...

0
A mostra, comisariada por Carlos Fer, conta con pezas de 12 artistas dunha xeración marcada polo dixital pero que nas súas creacións foxen “do...

A Deputación esgota en cuestión de minutos as prazas para as rutas previstas en...

0
Os nove percorridos terán lugar todos os sábados e domingos do mes, comezando o 3 de agosto no Xabriña (Covelo) e rematando no mesmo...

Publicacións Relacionadas