Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e FEMP abren en Vigo o debate sobre o deporte...

A Deputación e FEMP abren en Vigo o debate sobre o deporte como ferramenta para reducir a desigualdade no marco dos ODS

- Anuncio -

Carmela Silva: “Os recursos deben chegar ao mundo local, pois somos os mellores xestores de proximidade, que é onde se practica o deporte”

José Manuel Franco: “Non hai dúbida de que o deporte contribúe ao benestar, independentemente da idade, xénero e etnia, e promove importantes valores”

Abel Caballero: “O deporte é unha forma de vida, xa non só unha actividade física ou ocio, que integra igualdade, inclusión ou equilibrios territoriais”

O Auditorio Mar de Vigo converteuse no epicentro do deporte local enmarcado dentro da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) coa celebración da xornada “Deporte e ODS”. Baixo o lema “A importancia do Deporte para a redución da desigualdade” esta xornada, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), coa colaboración do Consello Superior de Deporte, móstrase como un encontro vital, xa que “o deporte é unha actividade transversal, e así debe ser tratada desde a administración pública”, como explicou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A xornada quixo destacar a importancia da actividade deportiva no establecemento de estratexias locais para o cumprimento dos ODS da Axenda 2030, en especial na redución de desigualdades. Na inauguración, Carmela Silva fixo fincapé en que o deporte é “un instrumento fundamental para favorecer a igualdade, pois só hai 100 anos que as mulleres podemos participar en actividades deportivas” e que hoxe en día “conseguen éxitos incribles en todos os deportes, mais aínda viven situacións graves de discriminación e reciben menos recursos”. O mesmo sucede coas persoas con discapacidade, para as que é necesario facer “discriminación positiva”, ou as persoas maiores, que precisan “recursos e actividades adaptadas”. Por iso, fixo un chamamento a que os recursos “cheguen ao eido local, porque somos os mellores xestores da proximidade, onde se practica o deporte”.

Na inauguración tamén estivo presente o presidente do Consello Superior de Deportes e Secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco, que lembrou que a industria deportiva aporta o 3,3% do PIB e xera 400.000 empregos, “o 75% xuvenil”. “O modelo actual está transformándose baixo a senda que contempla a Unión Europea, camiñando cara a transición ecolóxica de instalacións e a dixitalización do sector –explicou-, porque o deporte contribúe ao benestar, independentemente da idade, xénero e etnia, e promove importantes valores”. Por iso, lembrou que o Goberno central aposta “polo deporte como ferramenta para a loita contra a exclusión social e como elemento vertebrador de sociedades máis xustas e igualitarias” e asegurou que “o ámbito municipal é esencial para crear un futuro sen desigualdades no que o deporte sexa o eixe esencial da sociedade”. Pola súa banda, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, definiu o deporte como “unha forma de vida, xa non só unha actividade física ou ocio”, dentro do que se pode falar de “igualdade, inclusión, equilibrios territoriais ou a vertebración do territorio”. Por iso, asegurou que o Concello de Vigo ten “un compromiso firme co fomento da participación da muller no deporte”, con extras de apoio e axudas a clubs que teñen unha participación feminina singular.

A xornada puxo o foco nas experiencias municipais no eido da Axenda 2030 e o deporte. Luis Salaya, alcalde de Cáceres, destacou a importancia do deporte “para dar unha oportunidade ás e aos habitantes de barrios con problemas sociais, onde hai nenos e nenas para os que o deporte pode ser o primeiro contacto co éxito”. Pola súa banda, a alcaldesa de Sant Feliu de Llobregat, Lidia Muñoz, destacou algúns dos programas que están a levar a cabo no municipio, como “Juega verde”, unha iniciativa pola que, ao final dos partidos, “non só importa o marcador, senón que o árbitro aplica outros criterios para ver quen gaña ou perde o partido”.

Outra das mesas xirou en torno á “Importancia da cogobernanza entre administracións para avanzar no cumprimento dos ODS a través do deporte”. O alcalde de Palma de Mallorca, e presidente da Rede de Entidades Locais pola Axenda 2030, José Hila, recalcou a importancia de “traballar en rede, porque no ámbito municipal non podemos afrontar sos as necesidades que existen, por iso buscamos outros concellos cos que compartir e axudarnos”. Ademais, compartiu a experiencia do proxecto “Palma Dona”, un programa que pon o foco “na muller e o deporte feminino, no que grandes campioas de diferentes disciplinas se dan a coñecer e serven de inspiración para as que veñen despois”. Pola súa banda, Eduardo Morán, presidente da Deputación de León, destacou esa “importancia deste traballo en rede”, sen esquecer de implicar á sociedade. Nesta Administración provincial apostaron pola “discriminación positiva” para os clubs femininos á hora de adxudicar subvencións, e puxo o exemplo do centro de tecnificación deportiva de halterofilia de Camponaraya, un pequeno municipio do que saíron as últimas seis campioas infantís. Aida Nuño, directora xeral de deportes do Principado de Asturias, narrou a experiencia desta comunidade autónoma coa aprobación da Lei de Actividade Física e Deporte, na que colaboraron “todos os grupos de goberno e que fixa o deporte como un dereito de todas as persoas”, falando, ademais, do deporte como “un vector transversal que ten que ver coa saúde, o benestar, a educación, a eficiencia enerxética, a redución de desigualdades, etc.”.

Na mesa redonda “Deporte local como instrumento de redución da desigualdade no marco da Axenda 2030” Carmela Silva, explicou como, dende a Deputación de Pontevedra, se levou a cabo “un cambio radical en como se entende o deporte e a promoción da igualdade: das persoas maiores, do deporte adaptado, das mulleres. Hai que facer que nenos e nenas, vivan onde vivan, teñan acceso ao deporte”. Para iso, móstranse vitais “as escolas deportivas, que hai que financialas. E que todos os concellos teñan equipamentos deportivos, algo que facemos desde a Administración provincial”. Neste sentido, reclamou que outras administracións “dediquen máis recursos, porque teñen máis, e poder así responder ás demandas da cidadanía”. Para seguir camiñando cara á igualdade, a presidenta Deputación considera indispensable “que o deporte base sexa mixto. Hai que ser valentes e cambiar as cousas –recalcou-, para o que precisamos que o mundo do deporte nos acompañe”.

O Premio Consello Superior de Deportes recaeu este ano no concello de Azuqueca de Henares, polas súas iniciativas para o fomento do deporte. O seu alcalde, José Luis Blanco, explicou que este galardón foilles entregado “pola xestión das escolas deportivas municipais, xa que temos de todos os deportes nos que a xente queira participar”. Así, na actualidade, contan con 27 escolas deportivas con preto de 3.000 nenos e nenas. Ademais, sobre o 75% da rapazada do municipio pasou nalgún momento da súa vida por elas. A mesa a pechou o tenente de alcalde e concelleiro de deportes e seguridade de Santomera, Javier Campillo, que degrañou a estratexia que se levou a cabo neste municipio murciano, elaborando, entre outras cousas, “un baremo para as subvencións consensuado cos clubes e aliñado coa Axenda 2030 e todos entenderon que facía falta discriminación positiva, de maneira que cada muller deportista puntúa máis que os homes”.

A Xornada “Deporte e ODS” remata esta tarde co coloquio sobre “As alianzas no avance dos ODS no deporte”, conducido con Paula Montes coa presenza de deportistas de diferentes disciplinas como son Esther Martínez, exdeportista e experta en igualdade de xénero no deporte; Mari Cruz Seco, adestradora ado Club Piragüismo Vilaboa; Agustín Alejo, representante da Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo de Baloncesto, e Juan Antonio Segura Lucas, director da Fundación CEPAIM. Acción Integral con Migrantes.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas