O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presidiu o minuto de silencio convocado de xeito conxunto co Concello de Pontevedra na escalinata exterior do Pazo provincial e no que participaron membros das corporacións provincial e municipal, así como traballadores de ambos os organismos para condenar o crime de violencia de xénero ocorrido en Baiona.