HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación e o Concello de Sanxenxo estudan a mellora da seguridade...

A Deputación e o Concello de Sanxenxo estudan a mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre o Pazo de Padriñán e Seixalvo

- Anuncio -spot_img

A deputada provincial de Infraestruturas Públicas, Belén Cachafeiro, xunto co tamén deputado provincial Marcos Guisasola e a concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda de Sanxenxo, María Deza, visitaron a estrada provincial EP-9203 Padriñán-Laxe

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo estudarán a mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre o Pazo de Padriñán e Seixalvo. Así o acordaron esta mañá trala visita efectuada pola deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade, Belén Cachafeiro, o tamén deputado provincial Marcos Guisasola, e a concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda de Sanxenxo, María Deza, a un tramo da estrada provincial EP-9203 Padriñán – Laxe.

Durante a visita, na que tamén estiveron técnicos provinciais, acordouse redactar un proxecto integral de humanización e mellora da seguridade viaria do tramo de case de dous quilómetros coa construción dunha senda de ata 2,5 metros de ancho, o retranqueo de liñas de subministracións, a reposición de servizos e a instalación de luminarias. Para o concello de Sanxenxo é prioritario impulsar unha actuación provisional de mellora da seguridade viaria na zona de Miraflores ata o cruce con Ricardo Santos, unha zona especialmente sensible pola proximidade do colexio de A Florida e que a diario percorren escolares que viven na contorna para ir ao centro educativo.

Para a posta en marcha da actuación, a Deputación de Pontevedra e o Concello porán en marcha un convenio de mellora da mobilidade peonil coa financiación de ámbalas dúas administracións e similar ao xa asinado, o pasado mes de decembro, para a actuación na estrada provincial EP-9208 Noalla-Aios.

Publicacións Relacionadas