Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e o Concello de Viana do Bolo organizan o VII...

A Deputación e o Concello de Viana do Bolo organizan o VII Festival Medieval que se celebrará o 30 de marzo

- Anuncio -

O certame reunirá na praza Maior a un cento de artistas que achegarán os vellos romances medievais ás Terras do Bibei

A Deputación de Ourense e o Concello de Viana do Bolo organizan a sétima edición do Festival Medieval que se celebrará o vindeiro sábado, 30 de marzo, na Praza Maior da localidade vianesa. Unha nova edición deste certame musical que reunirá a un cento de artistas que achegarán os vellos romances medievais ás Terras do Bibei. O deputado provincial José María Lago, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles deste evento cultural da man do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e do alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.

O festival, en memoria do Gaiteiro das Terras do Bibei, Albino Pérez Fernández “O demo de Quintela”, contará coa actuación especial de Iria Estévez escenificando á raíña Urraca. O certame comezará a partir das 18.00 horas coas actuacións de diversos artistas e grupos que interpretarán vellos romances líricos que son relatos da historia.

Actuarán no certame os trompetistas á usanza medieval, o Grupo Tómalle Outra de Viana, e os artistas: Daniel García de la Cuesta de Asturias, Jacinta Fernández Alonso de Lentellais, Branca Villares de Músicas da montaña de Lugo, Rogelio de Aceveda, Fiuca de Trives, Iria Estévez coas cantareiras da Real Banda que interpretarán Romance de Dona Urraca, Digna de Vilanova de Trives, Óscar Ibáñez de Poio-Pontevedra, Blandina de Cotarós, Amparo do Bao e pechará unha vez máis o festival a Real Banda coa Coral Candea de Viana.

Ademais, poderá seguirse o festival vía streaming a través da web da Deputación de Ourense.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas