Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación e o Concello do Barco avanzan no proxecto de posta...

A Deputación e o Concello do Barco avanzan no proxecto de posta en valor da Vía Nova

- Anuncio -

Manuel Baltar reuniuse esta mañá co rexedor Alfredo García para analizar as novidades da iniciativa impulsada polo Eixo Atlántico co apoio do goberno provincial

O alcalde do Barco de Valdeorras tamén solicitou un tractor de roza para a prevención de lumes, no marco do convenio asinado pola Deputación de Ourense e a Consellería de Medio Rural

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, no que estudaron a ampliación das liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e no seu traballo común en entidades como o Eixo Atlántico.

Precisamente, unha das cuestións centrais da reunión de traballo desta mañá foi o proxecto de posta en valor da Vía Nova. Unha iniciativa impulsada polo Eixo Atlántico -entidade na que Manuel Baltar é presidente do seu Foro Termal e Alfredo García, presidente da Mesa da Asemblea- co apoio da Deputación de Ourense, e que pretende converterse nun axente dinamizador do territorio a través da pegada cultural e histórica da Vía Nova, unha calzada romana que atravesaba parte do que hoxe é Ourense, unindo Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga) ao longo de máis de 300 quilómetros.

O proxecto de valorización da Vía Nova está en fase de elaboración, coa vista posta en ser presentado na primavera de 2023. En próximas datas celebrarase unha reunión entre o presidente da Deputación, o alcalde do Barco e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, para seguir perfilando a iniciativa baseándose nos informes e estudos xa completados.

Manuel Baltar recalcou a importancia desta iniciativa cultural e patrimonial, “con sobresaínte potencial dinamizador e que é outra aposta máis da Deputación pola comarca de Valdeorras”, valorando a importancia do traballo en rede para impulsar este tipo de proxectos: “O da Vía Nova é outro froito do posicionamento de Ourense en entidades como o Eixo Atlántico, e coa capacidade de tecer colaboracións cos gobernos locais e autonómicos para perfilar ferramentas coas que seguir construíndo Ourense”.

Ademais, o Concello do Barco de Valdeorras solicitou un tractor de roza para a prevención de incendios forestais, apoiándose no convenio asinado pola Deputación de Ourense -a única das catro deputacións galegas en facelo- coa Consellería de Medio Rural en materia de lumes.

Relacionadas

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”, dotado...

0
As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para promover actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas O...

Publicacións Relacionadas