Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto Aquí faltan páxinas

- Anuncio -

O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo

O proxecto Aquí faltan páxinas da Deputación de Pontevedra acaba de ser seleccionado polos Premios Ondas Globais do Podcast como un dos seus cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial na cuarta edición dos galardóns. A Deputación celebra este recoñecemento a un programa, que organiza en colaboración con O Cable Inglés, que busca poñer en valor e recuperar historias de mulleres vinculadas á provincia e relevantes pero que non sempre acadaron un espazo relevante nos libros de historia.

No marco de Aquí faltan páxinas, que leva ás súas costas dúas edicións, a Deputación homenaxea cada mes do ano unha muller (na edición de 2024, a Carmen Babiano, Inmaculada Paz Andrade, Avelina Valladares, Placeres Castellanos, Mary Quintero, Urraca I de León, María Pardo, Mercedes Ruibal, Urania Mella e María Araújo) ou un grupo de mulleres (como as Leiteiras de Pontevedra ou as Madriñas de Redondela), organizando un coloquio e publicando un podcast dedicado a elas, explicando as súas traxectorias e nutríndose dos testemuños recollidos no coloquio.

Aquí faltan páxinas compite na súa categoría con outros catro podcasts: MARE, de EITB Podkast; La turra, de La Manchester e SomEVA / 3Cat; Borja, de València al Vaticà, de La República Independiente de la Radio y À Punt Pòdcast; e Gent de merda, de Radio Primavera Sound. Os gañadores dos Premios Ondas Globais do Podcast coñeceranse o 12 de marzo durante a emisión do programa ‘La Ventana’ e a gala de entrega celebrarase na primavera.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Fortalecer vínculos emocionais na era dixital con Rafa Guerrero na Semana da Educación de...

0
O psicólogo e experto en intelixencia emocional ofreceu unha interesante charla sobre a xestión de emocións en infancia e adolescencia nun auditorio de Goián...

Publicacións Relacionadas