Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación esterilizou xa preto de 260 gatos en 14 concellos ao...

A Deputación esterilizou xa preto de 260 gatos en 14 concellos ao abeiro do programa de Colonias Felinas do CAAN

- Anuncio -

En total solicitaron o servizo de esterilización de gatos 23 concellos dos 51 adheridos ao Centro de Recollida e Protección Animal (CAAN) da institución provincial

A Deputación de Pontevedra, a través do CAAN (Centro de Recollida e Protección Animal) xa esterilizou no que vai de ano preto de 260 gatos en 14 concellos da provincia a través do servizo de esterilización de gatos procedentes de colonias felinas legalmente establecidas. En total, dende que comezou o servizo, xa son 23 dos 51 concellos adheridos ao CAAN os que o solicitaron.

O proceso comezou o pasado mes de abril, cunha primeira fase da campaña na que os concellos se encargaban de levar os animais ao CAAN, onde se esterilizaron un total de 139 gatos de seis concellos (Mos, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Silleda e Soutomaior). No mes de agosto, e ante a escaseza de medios dos concellos para poder coller e trasladar aos animais, comezou unha segunda fase na que o propio centro de recollida provincial pasou a encargarse da captura, esterilización e devolución dos animais ás súas respectivas colonias felina. Nesta fase, sometéronse ao proceso un total de 118 gatos de 11 concellos (Catoira, Crecente, Mos, Ponteareas, O Porriño, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Sanxenxo, Soutomaior e Valga).

En concreto, na zona de Vigo e do sur da provincia, xa se esterilizaron 190 gatos de oito concellos (Crecente, Mos, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas e Soutomaior), e tamén solicitaron o servizo e comezarán as esterilizacións proximamente Covelo, Mondariz-Balneario e Oia. No contorna de Arousa e do Salnés o proceso xa se realizou con 58 animais de Catoira, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo e Valga, e tamén o solicitou Meaño. Ademais, nas comarcas de Deza-Tabeirós o concello de Silleda xa esterilizou nove gatos e A Estrada farao proximamente. Por outra banda, tamén solicitaron o servizo os concellos da Lama, Marín, Moraña e Vilaboa, na contorna de Pontevedra.

Os concellos adheridos ao CAAN poden solicitar este servizo para axudarlles no cumprimento da Lei vixente, que determina que están obrigados a xestionar as colonias felinas, identificando, esterilizando, vacinando e desparasitando os animais que as integran. Os concellos interesados deberán achegar a solicitude de esterilización de gatos recollidos nas colonias felinas, así como unha memoria na que se especifique, entre outras cuestións, o número de colonias no seu termo municipal e os animais presentes en cada unha delas. Cabe recordar que cada concello poderá solicitar un número máximo de animais a esterilizar por ano segundo o número de habitantes (25 para os de menos de 5.000 habitantes, 50 ata 10.000, 100 ata 20.000 e 200 ata 40.000 habitantes).

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana nove novos obradoiros de +Xuntas en oito concellos da...

0
+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán neste 2024 a entidades de 53 concellos A...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela...

0
A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que...

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Publicacións Relacionadas