Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación estrea un Samaín cargado de misterio no Castela de Soutomaior

A Deputación estrea un Samaín cargado de misterio no Castela de Soutomaior

- Anuncio -

Están xa dispoñibles as entradas no sitio web da fortaleza para asistir ás visitas familiares, que comezan este domingo, e ás adultas, que arrancan o 22 de outubro

As visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior confórmanse como unha atractiva opción turística e de lecer para a celebración de Samaín. A Deputación de Pontevedra, coincidindo con esta data tan sinalada no calendario galego, pon en marcha a primeira edición de dous percorridos cargados de misterio para coñecer o lado máis terrorífico da fortaleza. Familias e nenos poderán gozar de xogos e probas nas que o “Alemanote”, a pantasma do Castelo, estará moi presente; e os adultos/as disporán dunha proposta en horario nocturno protagonizada por personaxes do máis alá. Están xa dispoñibles as entradas en www.castelodesoutomaior.com para asistir ás dirixidas ao público familiar, que comezan este domingo 17, e ao adulto, que serán nocturnas, que arrancan o vindeiro venres 22.

Os científicos Von Furenberg e Irina Calselberg, xunto ás autómatas Brunilda Kartoffel e Vettel Zanfonike, serán os/as encargados de acompañar ás familias por todo o Castelo na busca das pezas que lle faltan para a construción da “Makinakus imbemcibilus”, coa que darán a vitoria ao exército alemán na Primeira Guerra Mundial. Durante o transcurso da visita, os e as participantes irán coñecendo múltiples referencias á historia da fortaleza e ás persoas que a habitaron, á vez que levan pequenas sorpresas e sustos. Coa súa participación en xogos e probas, a historia dará un xiro que os levará á paz, á busca da verdade e tamén á figura do “Alemanote”, alumno da universidade de Heidelberg, que cada noite se enfrascaba nos lugares máis recónditos do castelo para realizar complexas fórmulas. As visitas desenvolveranse os días 17, 24 e 31 de outubro e o 7 de novembro en dous pases diarios ás 12.00 e ás 16.30.

No caso das visitas teatralizadas dirixidas ao público adulto, comezan o venres 22, e estenderanse ata o 5 de novembro. No percorrido os/as participantes estarán acompañados dun actor e unha actriz que interpretarán a personaxes do máis alá e non farán máis que “entorpecer” o seu terrorífico camiño. Estas visitas celebraranse en horario nocturno, ás 20.00, e terán lugar en outubro os venres 22 e 29 e, en novembro, o venres 5.

O prezo para participar en cada unha das actividades é de oito euros por persoa, e poden adquirirse no portal web do Castelo, https://castelodesoutomaior.com

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas