Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación executou durante 2024 máis de 40 proxectos de conservación, mantemento...

A Deputación executou durante 2024 máis de 40 proxectos de conservación, mantemento e reforma na rede provincial de estradas

- Anuncio -

A Área de Infraestruturas atendeu máis dun millar de expedientes de autorización de particulares e concellos para levar a cabo obras nas zonas de dominio público da estrada ou nas zonas de protección, mantendo a capacidade de resolución administrativa nun tempo inferior a 90 días

A área de Infraestruturas aumentou a cooperación cos concellos, atendendo 32 solicitudes de colaboración en 23 entidades locais para reparación de vías municipais e doutras obras ou servizos da competencia local

A Deputación de Ourense executou durante o ano 2024 máis de 40 proxectos de conservación, mantemento e reforma na rede provincial de estradas, ademais de aumentar a cooperación coas entidades locais actuando en 23 concellos para axudarlles a manter tamén en bo estado as estradas da súa titularidade.

A análise do traballo desenvolvido en 2024 pola Área de Infraestruturas da Deputación reflicte que case o 90% do investimento foi destinado a traballos de conservación ordinaria da rede provincial de estradas, que alcanza os 1.850 quilómetros.

Así, realizáronse melloras na rede de drenaxe, limpeza de marxes, acondicionamento en firmes, substitución  e nova implantación de sistemas de contención de vehículos, actuacións en muros de contención e tamén en elementos de sinalización vertical e repintado de estradas.

Durante este ano acometéronse ademais obras de acondicionamento e mellora integral en treitos de estradas provinciais cun ancho de calzada insuficiente, así como de mellora da seguridade viaria en travesías coa implantación de sendas peonís e medidas redutoras de velocidade. Todo isto, coa finalidade de conseguir unha rede viaria máis segura para a veciñanza.

Resolucións administrativas rápidas

A axilidade na tramitación de expedientes é unha das características da Área de Infraestruturas, manténdose en 2024 cun período medio de resolución de peticións inferior aos 90 días, moito menor que noutras administracións públicas. Neste sentido tramitáronse 1.208 expedientes de autorización de uso en estradas provinciais e as súas zonas de afección. Coa resolución destas solicitudes de particulares e concellos facilitouse  a execución de obras e instalacións e a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público da estrada ou nas súas zonas de protección.

Tamén se tramitaron 178 expedientes de dereitos de petición, de particulares e concellos, que solicitaban melloras relacionadas coa seguridade viaria, como cambios ou reforzos na sinalización horizontal ou vertical ou implantación de medidas tendentes á redución de velocidade en travesías.

Cooperación cos Concellos

No relativo á cooperación cos concellos, mediante as brigadas do Servizo de Vías e Obras e da maquinaria do parque atendéronse 32 solicitudes de cooperación en 23 concellos, procedendo á reparación de vías municipais e doutras obras ou servizos da competencia dos concellos. Nestas actuacións empregouse persoal técnico para prestar asistencia especializada na supervisión de proxectos e informes.

Como cada ano, a Deputación actualizou tamén os datos da Enquisa de Infraestruturas e equipamentos locais, instrumento de análise cuantitativa e cualitativa dos servizos de competencia municipal que permite coñecer periodicamente a situación e o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos locais

Plan de Vialidade Invernal, en marcha

Cabe recordar que permanece activo o Plan de Vialidade Invernal, que mantén seguras as vías con risco de xeo ou neve nas datas de inverno. Son practicamente 1.000 quilómetros da rede provincial os que se ven afectados polos riscos meteorolóxicos. Neles traballan as brigadas da Deputación, cunha vintena de máquinas e con case 2.000 toneladas de fundentes de sal para facer máis seguras as vías.

A Deputación de Ourense coopera cos concellos e mancomunidades da provincia no mantemento da vialidade invernal, no subministro de fundentes e na súa aplicación nas estradas de titularidade municipal cando exista dispoñibilidade de medios.

A cooperación está regulada mediante un convenio que se asina entre cada concello ou mancomunidade e a Deputación. Na actualidade 57 concellos e una mancomunidade se teñen adherido ao convenio.

Un orzamento que se multiplicará por sete

A Deputación de Ourense está a facer unha forte aposta pola mellora e mantemento dos 1.850 quilómetros da rede viaria provincial, cun orzamento que en 2024 ascendeu a 7 millóns de euros, practicamente o dobre que no exercicio anterior. No principio do actual mandato, a Deputación tiña unha partida de 1,5 millóns.

Este compromiso pola conservación das estradas provinciais irá en aumento, xa que no proxecto de orzamentos de 2025 increméntase a dotación en 3,5 millóns de euros. É dicir, multiplicouse por sete a partida consignada para atender a rede viaria provincial ata alcanzar os 10,5 millóns de euros.

Relacionadas

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

A Cabalgata de Reis de Ourense sairá mañá ás 18.00 h desde o Pavillón...

0
O Concello activa este plan alternativo á vista das previsións de intensas chuvias para mañá á tarde A finalidade do cambio é acadar as mellores...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

A Deputación vístese de gala para recibir aos Reis Magos por primeira vez na...

0
As súas maxestades de Oriente recolleron as cartas da cativada e foron recibidos polo vicepresidente Rafa Domínguez despois de pasar polo Centro Príncipe Felipe,...

Publicacións Relacionadas