Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets 2024

- Anuncio -

A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man de once pequenas empresas e os consellos reguladores de Monterrei e Valdeorras

A presenza ourensá compleméntase cun taller degustación, organizado en colaboración con “Cociña Ourense”, que exhibe a cociña de raíz usando os produtos locais das empresas presentes na caseta da provincia

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, visitou hoxe a caseta da provincia para acompañar aos produtores ourensáns na inauguración desta feira

A Deputación de Ourense, a través dunha convocatoria realizada polo Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA, Madrid, promocionando a provincia no Salón Gourmets 2024 como destino enogastronómico de calidade da man de once pequenas empresas e dos consellos reguladores de Monterrei e Valdeorras.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, visitou hoxe a caseta da provincia de Ourense en Salón Gourmets para acompañar aos produtores ourensáns na inauguración desta feira. Ademais, asistiu ao taller degustación, organizado xunto con “Cociña Ourense”, que permite exhibir a cociña de raíz usando os produtos locais das empresas ourensás presentes na caseta da provincia.

“Desenvolvemos estas actuacións co obxectivo de ofrecer unha plataforma de promoción aos pequenos produtores ourensáns e seguir traballando na proxección da imaxe de destino enogastronómico de calidade”, explicou Rosendo Fernández, quen desexou “moitos éxitos” aos coexpositores deste ano que “son os encargados de lograr que Ourense sexa un referente enogastronómico”.

Taller degustación con “Cociña Ourense”

O taller logrou atraer a decenas de profesionais do sector interesados en coñecer a oferta de produtos de alta gama da provincia de Ourense, así como prensa especializada e bloggers gastronómicos. Nesta ocasión, estiveron aos fogóns cinco representantes de “Cociña Ourense”: Begoña Vázquez -recentemente elixida cociñeira galega do ano-, Alberto Fernández, Samuel Moreno, Gerson Iglesias e Marco Varela.

Os pratos que elaboraron no showcooking foron a base de queixos, porco celta, bica, magret de pato, vinagre do Ribeiro, mel de Aialma, xeado de amorodos con vinagre, burganas con viños de Bioca, SiaH, D.Ou. Monterrei, e Adegas Celme.

Agroalimentación e viños

As empresas que están na caseta da provincia de Ourense en Salón Gourmets 2024 como coexpositores pertencen a diferentes sectores agroalimentarios. Nesta ocasión, os viños ourensáns volverán ter un papel destacado da man dos CRDO de Monterrei e Valdeorras, así como das empresas: Adegas Celme de Castrelo de Miño, Bioca de Petín, Montebello Partners de Ourense e Adegas Siah de Leiro. Ademais, está Vinagres do Ribeiro de Beade.

No apartado doce estarán Mel Aialma de Laza, A Central Heladera de Ourense, e Burgano Delicatessen de Ourense. Por último, expoñerán os seus queixos gourmet Gaia de Vilar de Santos, as súas conservas e patés gourmet a empresa Mareterra Conservas de Esgos, e os embutidos gourmet elaborados artesanalmente de porco celta de Cienporcel de Cenlle.

Relacionadas

A Deputación e o Concello de Sanxenxo analizan proxectos en marcha e novas actuacións...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e confirmou o compromiso da institución provincial para dar impulso...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros...

O deputado provincial Javier Tourís reúnese coas responsables da Feira Etiqueta Negra

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís, mantivo esta mañá unha reunión coas organizadoras da oitava edición da feira de produto...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez presenta a Copa Deputación de Kickboxing que acollerá...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, acaban...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana 2,6 millóns de euros para...

0
Os novos recursos beneficiarán a Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Lecer en familia”, dotado...

0
O programa busca tamén ser “dinamizador da economía da provincia”, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico fóra...

Publicacións Relacionadas