HomeDeputaciónsDeputación LugoA Deputación fai seguimento do proceso para que a Ribeira Sacra sexa...

A Deputación fai seguimento do proceso para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade

- Anuncio -spot_img

– A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo participou este xoves na xuntanza que tivo lugar na adega Regina Viarum de Sober para dar a coñecer as últimas xestións levadas a cabo á espera da resolución definitiva prevista en xullo

– García Porto puxo en valor a implicación total da institución provincial nas diferentes etapas para a consecución desta distinción, que impulsou a propia entidade no 2011 liderando unha campaña de mobilización institucional e social

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este xoves na xuntaza para facer seguimento do proceso para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade. O encontro de traballo, que tivo lugar na adega Regina Viarum de Sober, serviu para dar a coñecer as últimas xestións levadas a cabo á espera da resolución definitiva prevista para o mes de xuño.

Na reunión expuxéronse as últimas xestións administrativas realizadas antes de que o Consello Internacional de Monumentos e Sitios, o ICOMOS, emitise o seu informe de avaliación. Explicaron que se abre unha fase de exposición “máis política” para dar a coñecer o proxecto entre os 21 países integrantes do Comité da UNESCO. Está previsto que a resolución das candidaturas a Patrimonio Mundial teña lugar en Busán, República de Corea, entre o 19 e o 29 de xullo.

García Porto puxo en valor a implicación total da institución provincial nas diferentes etapas para a consecución desta distinción internacional, que impulsou a propia entidade no 2011 e baixo a presidencia de José Ramón Gómez Besteiro liderando unha campaña de mobilización institucional e social coa que recolleu máis de 40.000 firmas.

Nese sentido, sinalou que a Deputación está facendo un seguimento minucioso de todo proceso e apoiará ata o final as xestións levadas a cabo para conseguila. Na xuntanza celebrada esta tarde participaron tamén o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a Subdelegada da Xunta de Galicia en Lugo, Olimpia López, un representante da Deputación de Ourense, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, alcaldes e representantes de entidades desta comarca que conforman as provincias de Lugo e Ourense.

Publicacións Relacionadas