Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación fomenta o turismo familiar reunindo a 300 rapaces nunha nova...

A Deputación fomenta o turismo familiar reunindo a 300 rapaces nunha nova edición da Gladiator Race en Muíños

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na presentación desta proba deportiva de obstáculos que se disputará o vindeiro sábado, 21 de setembro no complexo turístico de O Corgo


O goberno municipal de Muíños é “un gran exemplo de como a boa política incide dunha maneira clara nos territorios creando riqueza, atraendo xente e acollendo actividades como estas que teñen un importante retorno económico”, salientou Luis Menor

A Deputación de Ourense fomenta o turismo de familia cunha nova edición da Gladiator Race que reunirá o vindeiro sábado, 21 de setembro, ao redor de 300 nenos e nenas de entre 3 e 15 anos no complexo turístico de O Corgo, en Muíños. O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o director técnico da proba, Serafín Martínez, presentaron hoxe os detalles desta nova edición.

Este evento, que se enmarca dentro das actividades que organiza a Deputación na súa aposta polo turismo deportivo na provincia, chega xa a súa sexta edición, aínda que nos últimos anos está dirixida aos máis cativos para fomentar tamén o turismo familiar a través dun dos eventos máis espectaculares que se realizan na nosa provincia ao mesturar deporte e aventura “nunha contorna paisaxística e natural sen parangón como a que ofrece o municipio de Muíños”, explicou Luis Menor.

O goberno municipal de Muíños é “un gran exemplo de como a boa política incide dunha maneira clara nos territorios creando riqueza, atraendo xente e acollendo actividades como estas que teñen un importante retorno económico”, salientou Luis Menor.
Pola súa parte, o alcalde de Muíños agradeceu ao presidente provincial o apoio da Deputación para levar a cabo este tipo de actividades “onde queremos fomentar o turismo porque o retorno é moi importante para os nosos territorios”.

Neste sentido, cabe destacar que este tipo de probas de turismo deportivo contribúen a revalorizar os recursos da provincia influíndo positivamente no desenvolvemento económico e social da provincia desde unha perspectiva sostible. Ademais, este tipo de actividades tamén nos axudan a desestacionalizar a oferta turística a través do deporte.

Gladiator Junior

Nesta ocasión, o Complexo turístico de O Corgo acollerá a Gladiator Junior este sábado na que 300 nenos e nenas poderán gozar dos obstáculos poñendo a proba as súas habilitades.
A proba disputarase en dúas modalidades: unha non competitiva para menores de entre 3 a 11 anos, e outra competitiva dirixida a os de 12 e 15 anos que a disputarán en formato de equipos mixtos de 5 a 7 compoñentes.

Relacionadas

Luis López presenta unhas Rías Baixas con 61 concellos, que valora ao anfitrión e...

0
O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro e membros do goberno provincial, estrean por primeira vez na provincia, antes que...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Valga para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou a oficina móbil, que percorrerá todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para divulgar os...

A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción turística do...

0
O presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación e dos participantes na campaña, desvelará a campaña este martes, 14 de...

A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra...

0
As obras expostas na mostra recóllense nunha publicación que repasa a vida e a obra artística de quen foi tamén alcalde de Bueu A exposición...

Publicacións Relacionadas