Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación implicou a máis de 2.300 persoas maiores da provincia a...

A Deputación implicou a máis de 2.300 persoas maiores da provincia a través dos obradoiros de Provincia Activa

- Anuncio -

Segue aberto o prazo para solicitar algunha das 130 accións formativas previstas este ano no marco do programa, que favorece o envellecemento activo cun orzamento de 146.000 euros

Un total de 2.361 persoas maiores de 43 concellos da provincia participaron durante o ano pasado nas 129 actividades de envellecemento activo do programa Provincia Activa da Deputación de Pontevedra. Os concellos onde máis actividades se celebraron foron Vigo, con 19 obradoiros, seguidos de Ponteareas, Salceda de Caselas e Vilagarcía de Arousa (con 8 cada un), seguidos á súa vez por Cangas do Morrazo, Mos e Redondela (con 7 cursos en cada concello). O obxectivo de Provincia Activa é favorecer a participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias, así como impulsar a independencia das persoas maiores para evitar o seu illamento e as situacións de soidade non desexadas.

Por zonas, na área de Pontevedra participaron 38 persoas de Caldas de Reis, 39 de Campo Lameiro, 38 de Cerdedo-Cotobade, 18 de Cuntis, 39 da Lama, 19 de Moraña, 72 de Pontevedra, 15 de Portas e 96 de Sanxenxo. Nas comarcas de Vigo e do sur da provincia participaron 70 persoas de Arbo, 17 de Baiona, 14 de Covelo, 24 de Fornelos de Montes, 14 de Gondomar, 25 da Guarda, 25 de Mondariz, 130 de Mos, 35 de Nigrán, 64 do Rosal, 15 de Oia, 128 de Ponteareas, 33 do Porriño, 131 de Redondela, 162 de Salceda de Caselas, 35 de Soutomaior, 23 de Tui e 338 de Vigo.

Na zona do Salnés e Arousa participaron 25 persoas de Cambados, 18 de Catoira, 60 do Grove, 24 da Illa de Arousa, 42 de Meaño, 15 de Ribadumia, 137 de Vilagarcía de Arousa e 25 de Vilanova de Arousa. Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes participaron 67 persoas da Estrada, 18 de Forcarei, 92 de Lalín, 9 de Rodeiro e 15 de Silleda. Finalmente, no Morrazo participaron 22 persoas de Bueu, 120 de Cangas do Morrazo e 15 de Moaña.

Estas 2.361 persoas puideron asistir a actividades enmarcadas en cinco liñas temáticas relacionadas coa natureza, o deporte, a saúde, a cultura e as competencias dixitais. En concreto, a oferta de cursos incluía pilates, ioga, ximnasia de mantemento, conservación da memoria, musicoterapia, risoterapia, terapia emocional, teatro, plantas medicinais, restauración de mobles, bailes de salón, pandeireta, canto popular, habilidades dixitais e informática.

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o 20 de xaneiro o prazo de solicitude das 130 accións formativas que se realizarán no marco de Provincia Activa este ano, cun orzamento de 146.000 euros. Cun máximo de 25 prazas, poden solicitalos entidades sen ánimo de lucro de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia, e poden participar persoas a partir dos 50 anos. Cada obradoiro terá unha duración de 30 horas e impartirase en xornadas de entre unha e tres horas á semana ao longo do ano.

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas e o...

0
COGAMI vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo....

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

O Porriño reunirá a 16 agrupacións no tradicional Certame de Rondallas

0
● Será o domingo 12 de xaneiro a partir das 17:30 h no pavillón municipal Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu...

O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

0
Estará situada o luns 13 de xaneiro na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h O Rosal comeza...

Publicacións Relacionadas