Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación impulsa co Plan ReacPon a actuación na que será a...

A Deputación impulsa co Plan ReacPon a actuación na que será a nova praza de Rosalía de Castro en Gondomar

- Anuncio -

O alcalde, Francisco Ferreira, puxo en valor que “grandes proxectos como os que están a transformar Gondomar serían impensables sen a Deputación”

A presidenta Carmela Silva asinou hoxe na sede en Vigo o convenio para esta actuación de adecuación urbana e sostible á que a Deputación achega case 670.000 euros
“Gondomar está facendo grandes cousas grazas á Deputación”. Con esta rotunda frase, o alcalde Francisco Ferreira mostrou hoxe a súa satisfacción na sinatura do convenio coa presidenta provincial Carmela Silva para a próxima adecuación urbana e sostible da Praza de Rosalía de Castro. Esta nova actuación de recuperación do espazo público na vila será posible co Plan ReacPon da institución provincial, que se traducirá nun equipamento transformador e pensado para as persoas que mobilizará un total de 833.544,36 € dos cales a Deputación achega 666.835,49 €. “Non poderíamos facer este tipo de transformacións nos concellos sen os recursos da Deputación, sería impensable”, destacou o alcalde.

A presidenta provincial, Carmela Silva, cualificou o proxecto de “modélico e exemplo a seguir”, que, amais, dá continuidade á transformación que tivo a Praza da Paradela, executada tamén con fondos da Deputación. A presidenta eloxiou o “compromiso de Gondomar coa reconstrución da trama urbana dun concello que agora, tan só seis anos despois, non hai quen o recoñeza”. Nese sentido, recordou que “o mundo local está amosando que é o que ten máis capacidade para facer fronte ás demandas reais da veciñanza, que é eficaz e eficiente e capaz de executar grandes proxectos”, polo que “hai que esixir ás outras administracións, á Xunta e ao Goberno do Estado que dediquen recursos aos concellos, que son os que mellor responden ás transformacións do século XXI”.

Tamén amosou o seu pesar coa Xunta, “que nestes últimos 15 días está a asinar convenios con concellos do PP como non fai con concellos doutras formacións políticas. É intolerable. Este ReacPon é un plan ao que se poden presentar todos os concellos, con criterios obxectivos, con equidade. Esixo que sexa todo así, que se siga este modelo”. Os alcaldes e as alcaldesas –remarcou– téñense comprometido moi seriamente con impulsar iniciativas que non sexan soamente melloras, senón transformacións. Estamos transformando a provincia con estas actuacións”.

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, subliñou que “temos moi claras as ideas respecto á transformación do modelo de Gondomar, centrado nas persoas, pero sería inviable poñelas en marcha sen contar co apoio da Deputación”. Ao respecto, recordou que amais do Plan ReacPon están en marcha na vila con achegas provinciais unha serie de transformacións de vías e da contorna urbana. Tamén puxo en valor o modelo de criterios obxectivos dos plans da institución destacando que “todos os concellos somos iguais, independentemente da cor política, o que di moito da institución e da súa presidenta. Hai algo que se chama altura de miras. Grazas a iso Gondomar, que antes era unha vía pensada unicamente para os coches, agora ten a xente como protagonista. Iso é unha realidade pola implicación da Deputación”. O alcalde dirixiuse a Carmela Silva dicindo que “cando deixes a presidencia, a transformación da provincia vai ser total, vai haber un antes e un despois. O modelo xa está implantado e está sendo un exemplo, imitado desde moitos lugares”.

A actuación na Praza Rosalía de Castro impulsará a mobilidade, accesibilidade e seguridade neste espazo, recuperándoo para as persoas. Así transformarase unha superficie de máis de 2.500 metros cadrados creando unha gran praza con plataforma única e zonas verdes, iluminación sostible, zonas de descanso, aparcadoiros para bicicletas, mesados e asentos. Amais, contará con gravados da obra de Rosalía de Castro na zona dos xardíns para render homenaxe á grande escritora.

O Plan da Deputación ReacPon, dotado de 26,3 millóns de euros, beneficia 47 concellos de menos de 50.000 habitantes. Contou con bases esixentes e criterios obxectivos, aberto a proxectos maduros que contribúan a unha economía descarbonizada e aos obxectivos da Axenda 2030 e dos fondos europeos. O programa suporá a execución de ata 25 actuacións de mobilidade segura, tres novas bibliotecas, cinco reformas de casas consistoriais, cinco reformas de espazos culturais, a ampliación ecolóxica dun cemiterio e oito novas infraestruturas deportivas.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas