Home O Ribeiro A Arnoia A Deputación impulsa xunto ao Concello de Arnoia o acordo que logra...

A Deputación impulsa xunto ao Concello de Arnoia o acordo que logra o compromiso da Fundación San Rosendo de ampliar a apertura do balneario, co apoio da Xunta

- Anuncio -

A base deste acordo é unha nova e innovadora modalidade de termalismo social 2025-2027 (que a Deputación de Ourense dará a coñecer en setembro) para promocionar e apoiar a Arnoia, así como ao resto de balnearios da provincia

“O Balneario non só mantén a súa actividade, senón que amplía os seus servizos, consolidando a súa oferta”, explica o presidente Luis Menor, concluíndo que “hoxe é un día moi importante para Arnoia, para Ourense e para o Termalismo”


O Hotel-Balneario de Arnoia non se pecha e en 2025 ampliará a súa apertura de febreiro a novembro e en 2026, de xaneiro a decembro. Complementarase con instalacións anexas que abrirán como Unidade Termal Residencial e de Coidados Intermedios, como mínimo un terzo delas mesmas para estancias temporais


A Deputación de Ourense implementará un plan de mobilidade termal piloto para a Vila de Arnoia, e a A Abadía de Arnoia, edificio rehabilitado do século XVII, incorporarase como iniciativa experimental ao termalismo social provincial


Queda marcado o Obxectivo Arnoia 2026: ofertar máis de 30.000 prazas hostaleiras termais e lograr unha ocupación media anual por encima do 60%. A FEMP utilizará ao novo modelo de Arnoia como Villa Termal de referencia en España e piloto nun Plan Next Generation

Ademáis, está en proceso de certificación do selo “Galicia Calidade” para ser o primeiro balneario con este distintivo

A Deputación de Ourense e o Concello de Arnoia levan meses traballando nun conxunto de propostas e iniciativas como base dun compromiso coa Fundación San Rosendo para lograr un acordo que garanta o mantemento da actividade do hotel balneario; acordo ao que se sumará desde un principio a Xunta de Galicia e que estará aberto á posterior incorporación de entes públicos e privados que en calidade de “entidades colaboradoras” contribúan ao impulso termal de Arnoia. Así o explicou o presidente provincial, Luis Menor: “o Balneario non só mantén a súa actividade, senón que amplía os seus servizos, consolidando a súa oferta”, concluíndo que “hoxe é un día moi importante para Arnoia, para Ourense e para o Termalismo”. No mesmo senso expresáronse o presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela e o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio.
O Hotel-Balneario de Arnoia non se pecha
O primeiro punto do Acordo é que o Concello de Arnoia logrará que o seu emblemático hotel balneario, icona e pioneiro do termalismo da provincia, continúe aberto máis aló de outubro deste ano 2024, data coa que no pasado de marzo especulouse como límite para a actividade hostaleira-termal ao transcender mediáticamente a intención de conversión das súas instalacións en xeriátrico a partir do próximo exercicio.
Mantemento dun Hotel Balneario sostible
A nova formulación é o mantemento dun hotel balneario cun mínimo de 50 habitacións e capacidade para máis de 100 persoas, que incluirá aloxamentos para parellas con acompañantes menores de 12 anos.
Entre as estratexias de futuro está a de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións e a de tentar a total descarbonización das mesmas, cun obxectivo de “pegada de carbono cero” que converta o balneario nun modelo de sustentabilidade ambiental.
Ampliación do período anual de apertura
O período anual de apertura do Balneario de Arnoia foise limitando nos últimos anos a unha parte do exercicio. Así, o acordo contempla que en 2025 o período anual de apertura ininterrompido sexa de febreiro a novembro, e que en 2026 e posteriores, sexa de xaneiro a decembro.
O día do mes, tanto para a apertura como para o peche, serán decisión da dirección do hotel balneario, pero sempre dentro dos meses sinalados.
Obxectivo: 35.000 prazas en 2026
Nalgún dos últimos anos o período de apertura do Balneario de Arnoia limitábase, en meses completos, de maio a outubro. Isto significaba unha oferta ao redor de 30.000 prazas que non alcanzaba como media anual o 50% de ocupación diaria, é dicir, por baixo das 15.000 pernoitas anuais.
A formulación acordada fixa un obxectivo de oferta en 2026 de máis de 30.000 prazas e un obxectivo medio de ocupación diaria por encima do 60%; se estas metas se acadasen, implicaría superar as 18.000 pernoitas anuais, incrementando nun mínimo dun 20% a media de pernoitas de referencia.
En proceso de certificación
O futuro termal das instalacións prantéxase que esté impulsado pola certificación de Arnoia como o primeiro “Balneario Galicia Calidade” da comunidade autónoma. Nestes intres, estase en proceso de certificación deste selo para ser o primeiro balneario con este distintivo.
A aposta polas certificacións de calidade, e dentro destas, pola máis significativa das que se outorgan na comunidade autónoma, apoiará a intención de impulso do hotel-balneario, xa que podería significar unha importante vía de promoción.
Plan piloto en setembro de 2024 para a “Abadía de Arnoia”
Entre os compromisos contemplados no acordo está o de recuperar a Abadía de Arnoia, aloxamento rural de 17 habitacións (hoxe limitado o seu uso a eventos puntuais) como instalacións de luxo ligadas ao balneario.
A Abadía formará parte dun plan experimental no marco do programa provincial de termalismo social, iniciativa que se poñerá en marcha en setembro deste ano de maneira piloto.
Primeira Unidade Termal Residencial e de Coidados Intermedios de España
En 2025, Arnoia contará co primeiro Centro Termal Residencial e de Coidados Intermedios. Esta nova infraestrutura permitirá a atención a persoas que reciban o alta hospitalaria, prestándoselle a axuda e a rehabilitación que necesiten para completar a súa recuperación antes de volver á súa casa ou a un centro residencial.
O Centro funcionará como unha ponte entre a atención sanitaria e a social, á que se lle engadirá o termalismo na súa vertente rehabilitadora.
Investigación termal asociada aos Coidados Intermedio
O Centro Termal Residencial e de Coidados Intermedios permitirá realizar investigacións que acrediten de maneira científica os efectos dos tratamentos termais en aspectos da saúde concretos. A investigación e a acreditación dos seus resultados é un dos desafíos do termalismo para que se poidan documentar científicamente os efectos dos tratamentos; neste sentido o novo Centro de Arnoia permitirá un importante avance neste campo.
Incremento do “emprego termal” en Arnoia
A nova formulación do hotel balneario unido ao Centro Termal Residencial e de Coidados Intermedios permitirá un significativo incremento do número de empregos relacionados co sector termal no municipio de Arnoia. De maneira directa estímase que se poida incrementar ao redor dun 30% o número de traballadores.
Plan piloto de mobilidade termal para a Vila de Arnoia
A Deputación de Ourense traballa no deseño dun plan piloto de mobilidade á Vila Termal de Arnoia. O Plan tería dous partes, a primeira estaría relacionada coa conectividade das persoas que cheguen a través da Alta Velocidade ferroviaria á estación de Ourense, e a segunda coa conexión das cabeceiras de comarca co balneario.
Arnoia será unha referencia para as Vilas Termais da FEMP
A Vila Termal de Arnoia será escollida pola FEMP como municipio piloto para analizar o seu novo modelo e que poida ser unha referencia para o resto de municipios termais de España.
Arnoia será o único modelo termal que a un hotel balneario sume un Centro Termal Residencial e de Coidados Intermedios, un hotel rural asociado ao balneario, un programa de termalismo social, un plan de mobilidade e un conxunto de experiencias turísticas de diferente natureza.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Publicacións Relacionadas