Así o trasladou o presidente provincial, Luis Menor, tralo primeiro encontro de traballo mantido hoxe no Pazo Provincial con representantes institucionais de municipios que conforman a Ribeira Sacra, para avanzar nos detalles desta iniciativa promocional
Na reunión coincidiron en que a Ribeira Sacra precisa dunha mostra do viño que poña en valor este “extraordinario produto” que é parte fundamental da identidade desta zona ourensá, reivindicou Luis Menor
A Deputación de Ourense impulsará, xunto aos concellos da zona, a primeira Feira do Viño da Ribeira Sacra ourensá. Así o trasladou o presidente provincial, Luis Menor, tralo primeiro encontro de traballo mantido hoxe no Pazo Provincial con representantes institucionais de municipios que conforman a Ribeira Sacra para avanzar nos detalles desta iniciativa promocional.
Na reunión coincidiron en que a Ribeira Sacra precisa dunha mostra do viño que poña en valor este “extraordinario produto” que é parte fundamental da identidade desta zona ourensá, reivindicou Luis Menor. Unha visión compartida de xeito “unánime” por todos os participantes na reunión que comezarán a traballar na concreción desta iniciativa.
O obxectivo é poñer en marcha “canto antes” esta proposta porque é “absolutamente necesaria” para promocionar esta zona onde o viño xoga un papel fundamental e máis nun ano tan importante para a Ribeira Sacra no que “esperamos ser Patrimonio da Humanidade”, avanzou o presidente provincial.



