Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación inaugura a Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética para...

A Deputación inaugura a Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética para asesorar proxectos de autoconsumo colectivo

- Anuncio -

O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, visitou as instalacións dende as que se prestará servizo técnico e xurídico a todas as entidades da provincia de Ourense e dos distritos de Vila Real e Bragança nos que a veciñanza estea interesada en constituír unha Comunidade Enerxética Local

Dende estas instalacións, na rúa Río Conso, impulsarase a creación de 17 comunidades enerxéticas locais e a posta en funcionamento de dúas comunidades enerxéticas en A Gudiña e Muíños

A Deputación de Ourense inaugurou na mañá de hoxe a Oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética, xestionada pola enxeñería Sertogal S.L (adxudicataria do contrato) e que prestará servicios de soporte na creación e consolidación de comunidades enerxéticas, ofrecendo información sobre mecanismos de axudas e novas iniciativas en materia de transición enerxética dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2021-2027.

A Oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética, situada na rúa Conso número dous e que conta cun equipo técnico de catro persoas, abre as súas portas como punto de información, divulgación e soporte para a creación e consolidación de CEL na provincia de Ourense e Norte de Portugal. Dende esta oficina, tamén se deseñará un sistema de participación dos axentes implicados na constitución das CEL, organizando diversas reunións así como accións de información, impulso, dinamización, formación e concienciación sobre transición enerxética.

De tal maneira, técnicos, particulares, empresas, asociacións, persoal municipal, veciñanza ou calquera interesado en participar no proxecto, deberá poñerse en contacto co seu concello, quen canalizará os grupos promotores dos municipios. Todos os participantes, contarán con asesoramento sobre o marco legal, estrutura xurídica, estudos técnicos, de custes e orzamento estimado dunha CEL:

Tamén se analizarán as diferentes vías de financiamento para levar a cabo os proxectos. Todo elo, tendo en conta as condicións físicas, sociais e tecnolóxicas do territorio de implantación, o que determina que a participación no proxecto se canalice a través dos concellos.

Favocerecer a loita contra o cambio climático

O deputado provincial salientou casos de éxito como o de Feldheim (Alemania), un pobo de 150 habitantes que se converteu na primeira CEL completamente autosuficiente de Alemaña, empregando enerxía solar, eólica e biomasa para satisfacer as súas necesidades. En palabras do deputado, “coa posta en marcha desta oficina, poñemos a disposición dos veciños dos municipios de Ourense e dos municipios portugueses transfronteizos coa nosa provincia, todos os recursos e medios dispoñibles para dar un pulo a proxectos de autoconsumo colectivo que reducen a dependencia enerxética e favorecen a loita contra o cambio climático”.

Dende esta Oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética, impulsarase a creación de 17 comunidades enerxéticas locais que se concretarán co seu rexistro oficial, así como coa redacción dos seus estatutos.

Tamén inclúe a posta en funcionamento de 2 dúas comunidades enerxéticas na provincia de Ourense, en A Gudiña e Muiños, e outra en Portugal, as cales contarán con financiamento público para executar os proxectos técnicos.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

Luis López recoñece en Lidia Fraga, Nati Juncal e Jaione Camborda a tres “protagonistas...

0
“Protagonizades unha longametraxe colectiva que, malia ter un final escrito, temos aínda que alcanzar: a igualdade real e efectiva”, defende López O presidente felicitou tamén...

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

A vicepresidenta da Deputación asiste ao coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia...

0
A vicepresidenta primeira e responsable das áreas de Economía e Impulso ao Emprego da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao almorzo coloquio...

Publicacións Relacionadas