Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación inicia a próxima semana nove novos obradoiros do programa Provincia...

A Deputación inicia a próxima semana nove novos obradoiros do programa Provincia Activa para impulsar o envellecemento activo

- Anuncio -

170 veciños de 7 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, ximnasia de mantemento, bailes de salón, pilates ou, entre outras, risoterapia

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros de Provincia Activa, programa co que a institución provincial impulsa o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, fomentando a súa participación para crear espazos de encontro e intercambio de experiencias. A próxima semana, entre os días 23 e 28 de setembro, comezarán nove novos obradoiros doutras tantas entidades sociais que mobilizarán un total de 170 veciños de sete concellos da provincia: A Lama, Campo Lameiro, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Os primeiros obradoiros serán o luns 23 de setembro, cando 19 persoas da Asociación de Xubilados de Vilalonga, de Sanxenxo, comezarán un curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores. Xa o martes, 24 de setembro, darán comezo as súas accións formativas 25 maiores da Asociación de Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla (Sanxenxo), que impartirán o curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores; 15 da Asociación Cultural Xeada (Vilagarcía de Arousa) o de pandeireta e canto popular, e 18 da Asociación de Veciños As Fontes de Lavadores (Vigo) o de pilates.

O mércores 25 de setembro serán 20 os usuarios de ATEGAL, en Vigo, os que comezarán o curso de bailes de salón. Pola súa banda, o venres 27 de setembro 24 usuarios da Asociación Veciñal de Praderrei (Campo Lameiro) comezarán o curso de risoterapia; 15 da Asociación Cultural San Mateo (Ponteareas) o de conservando a memoria, e 18 da Sociedade Cultural do Viso (Redondela) o de restauración de mobles e tapicería. Ese mesmo curso será o que comecen 16 usuarias da Asociación de Mulleres de Seixido (A Lama) o sábado 28 de setembro.

En total, a Deputación ofertou catorce tipos de obradoiros no catálogo de Provincia Activa, divididos en seis bloques: Benestar natural (Plantas medicinais), Saúde en movemento (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), Emociónate (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), Outra vida (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), Con ritmo! (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e Redeir@s (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado). Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e están a participar nos obradoiros entidades de 42 concellos da provincia.

Relacionadas

Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, compartirá unha charla maxistral co...

0
O xoves 23 de xaneiro no Teatro Principal terá lugar a xa tradicional clase maxistral do cineasta  homenaxeado pola AICE   Audi volve ser Vehículo Oficial...

A Deputación presenta aos colectivos veciñais de Marín os programas de Acción Comunitaria, cunha...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, acompañado da alcaldesa de Marín e tamén deputada provincial, María Ramallo, ofreceu un encontro co movemento...

O Porriño aposta pola modernización das súas infraestruturas deportivas cunha intervención no pavillón do...

0
● Un proxecto que transforma as instalacións deportivas en espazos modernos, accesibles e ao servizo de toda a comunidade. ● Esta actuación é parte do...

A Deputación programa este venres e sábado novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 17 e 18 de xaneiro levarán a familias de 18 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, ao Hotel Bienestar Moaña...

O alcalde de Tui e o presidente da RAG abordaron a conmemoración do centenario...

0
A Real Academia Galega celebrará en Tui un acto en lembranza do que foi un dos fundadores desta institución O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro...

A Deputación ultima o prazo para solicitar os obradoiros de envellecemento activo do programa...

0
As entidades de persoas maiores que estean interesadas nestas actividades formativas teñen ata o próximo luns 20 de xaneiro para facelo A Deputación de Pontevedra...

Publicacións Relacionadas