HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación inicia esta semana tres novos obradoiros do  programa Provincia activa...

A Deputación inicia esta semana tres novos obradoiros do  programa Provincia activa para impulsar o envellecemento activo  

- Anuncio -spot_img

Preto de 60 veciños de dous concellos comezan accións centradas en informática, ximnasia de mantemento e restauración de mobles

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros do programa Provincia activa, co que está a impulsar o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, a fomentar a participación e a crear espazos de encontro e intercambio de experiencias. Ata 56 persoas maiores de tres asociacións de Vigo e O Rosal comezarán a desfrutar das actividades formativas do programa a partir desta semana.

En concreto, este luns 28 de abril 12 persoas da Asociación Centro Cultural, Artístico e Recreativo Valladares, de Vigo, comezarán o curso de informática nivel avanzado. Xa o mércores, 30 de abril, serán 25 as persoas da Asociación Cultural Persoa Maiores O Rosal as que comecen o curso de ximnasia de mantemento, mentres que o venres 2 de maio un total de 19 usuarios e usuarias da Asociación de Veciños Plaza da Miñoca, de Vigo, empezarán o obradoiro de restauración de mobles e tapicería.

En total, a Deputación ofertou neste 2025 14 obradoiros no catálogo de Provincia activa divididos en seis bloques temáticos: “Benestar natural” (Plantas medicinais), “Saúde en movemento”  (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), “Emociónate” (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), “Outra vida” (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), “Con ritmo!” (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e “Reder@s” (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado). Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e  ao longo do 2025 desfrutarán dos obradoiros 130 entidades de 40 concellos da provincia.

Publicacións Relacionadas