HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación inicia os trámites para habilitar una parte da finca Mariñamansa...

A Deputación inicia os trámites para habilitar una parte da finca Mariñamansa como aparcadoiro disuasorio ante a redución de prazas pola construción das ramplas mecánicas da Cuña

- Anuncio -spot_img

Así o avanzou o presidente provincial, da Luis Menor, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da Asociación Veciñal da Cuña e veciñanza do barrio, encontro no que tamén estivo presente o deputado provincial e concelleiro, Jorge Pumar

O proxecto de mobilidade vertical vai reducir o número de prazas de aparcamento nun barrio, advirten os veciños, xa moi saturado de vehículos tendo en conta a proximidade do complexo hospitalario

A Deputación de Ourense iniciará os trámites para habilitar unha parte da Finca Mariñamansa como aparcamento disuasorio e para paliar a redución de prazas que se producirá como consecuencia da instalación de ramplas mecánicas na rúa Vasco Díaz Tanco.

Así o avanzou o presidente da Deputación, Luis Menor, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da Asociación Veciñal da Cuña e veciñanza do barrio, encontro no que tamén estivo presente o deputado provincial e concelleiro, Jorge Pumar.

Durante a reunión, os representantes veciñais explicaron os problemas de estacionamento que van xurdir unha vez que se execute o proxecto de mobilidade vertical que, aínda que necesario, vai reducir o número de prazas de aparcamento. O barrio, advirten os veciños, xa está moi saturado de vehículos tendo en conta a proximidade do complexo hospitalario. Ademais, explicaron, haberá baixos que quedarán sen acceso.

Ante esta situación, Luis Menor comprometeuse a dirixir un escrito á xunta de compensación da Finca Mariñamansa para que se poda utilizar unha parte deste terreo como aparcamento disuasorio. As obras de mellora nos barrios sempre son benvidas, dixo o presidente provincial, pero compre evitar que se xeren outros problemas.

Neste sentido, os representantes da asociación tamén expuxeron a necesidade de recuperar un vello proxecto para facilitar o estacionamento da cidadanía, como é a construción na avenida da Universidade dun aparcamento soterrado.

Publicacións Relacionadas